Dende o Departamento de Orientación propoñemos este recopilatorio de aplicacións e enlaces para que os máis pequenos e pequenas poidan aprender sen deixar de divertirse...
Dende o Departamento de Orientación propoñemos este recopilatorio de aplicacións e enlaces para que os máis pequenos e pequenas poidan aprender sen deixar de divertirse...
Dende o Departamento de Orientación queremos tamén contribuír e apoiar a todas as familias nesta nova situación, somos conscientes de que é algo novo e difícil para todos e todas, pero temos que recordar que:
Cada día que pasa é un día menos para volver á normalidade!
Ante todo precisamos CALMA, RESPONSABILIDADE e SORRISOS, o único que queremos contaxiar son moitos sorrisos
Agora máis que nunca eduquemos para a vida! Porque estamos seguras que con esta situación, imos tamén aprender moitas cousas, imos mellorar a nosa capacidade de empatía... a ser pacientes... a ser MELLORES!
Iremos compartindo páxinas, aplicacións, actividades... para levar mellor o día a día!
Mentres dure esta situación, calquera dúbida, ou para o que precisedes podedes escribir ao correo orientacionalbino@gmail.com
UN POUCO DE MÚSICA PARA ALEGRAR ESTA PRIMAVERA!
É IMPORTANTE MOVERNOS PARA ACTIVAR O NOSO CORPO!
ESCOITADE A CANCIÓN E A BAILAR!
FAMILIAS!
Dende o cole seguimos "abertos" para afrontar xuntos o día a día, na imaxe podedes ver "Recomendacións psicolóxicas para a poboación", elaborada conxuntamente polo Consello Xeral da Psicoloxía e Protección Civil, na que se dan unha serie de breves e útiles consellos para continuar afrontando con éxito as seguintes etapas do camiño cara á normalidade.
XA QUEDA MENOS!
Preme na imaxe para visualizala mellor.
Hoxe é o día 2 de maio: Día Internacional contra o Acoso Escolar para conmemoralo, concienciarnos e favorecer a súa prevención, animámosvos a ver estes cortos para activar a nosa empatía e sensibilizarnos.
Por ti, por eles, pola xente que queres... QUEDA NA CASA!
Loitando xuntos conseguirémolo!
EMPATÍA, SENSIBILIDADE, RESPECTO, INCLUSIÓN
A DIVERSIDADE ENRIQUÉCENOS E FAINOS MELLORES A TODOS E TODAS!
TEAprendo! DÍA 2 DE ABRIL! DÍA DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO!
Unha forma única e marabillosa de ver o mundo!
Para coñecer un pouco máis sobre o Trastorno do Espectro do Autismo compartimos con todos vós os seguintes vídeos:
Na páxina web de ARASAAC, comparten este material ao que podedes acceder premendo na imaxe, coa finalidade de axudarnos a comprender o TEA, que axudas necesitan as persoas con autismo, como poñernos no seu lugar, como podemos axudarlles na súa vida diaria...
O próximo 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 este día para pór de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA), para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
Neste sentido, a Federación Autismo Galicia súmase a todo o movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, e á campaña de concienciación que pon o foco en dúas áreas fundamentais para a inclusión e mellora da calidade de vida do colectivo TEA: a educación e o emprego.
Por iso é polo que se elixiu como lema "Podo aprender. Podo traballar" e, como imaxe da campaña, varias mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. Ademais, a imaxe preséntase en cinco cores diferentes, reflectindo así a diversidade existente dentro do espectro do autismo.
Atendendo a esta lema, os principais obxectivos da campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020 son:
1. Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluír e apoiar ás persoas con TEA.
2. Mellorar o acceso á educación e o emprego para o colectivo.
3. Conseguir o compromiso dos representantes políticos para facer efectivos os dereitos das persoas con TEA nestes dous ámbitos principais.
Como vén sendo habitual, toda a información sobre o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020 está dispoñible na web www.diamundialautismo.com
Fuente: Autismo Galicia
NAS IMAXES PODEDES VER AS INICIATIVAS PROPOSTAS!
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
GRAZAS a moitas iniciativas, editoriais, autores/as, ilustradores/as...que se suman a ofrecernos recursos para afrontar o día a día, facéndoo todos/as dun xeito altruísta, a través de redes sociais e nas súas páxinas web.
Compartimos aquí unha recompilación de BAÍA EDICIÓNS que podedes descargar premendo nas imaxes ou no título do libro.
BOA VIAXE!!!
Propostas de lectura
Para 4- 6 anos:
Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións). Baía Edicións.
Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación.
Para 7-8 anos:
Para 9-10 anos:
Nesta complicada corentena polo coronavirus, afloran moitas emocións.
Por iso, dende a Editorial Palabras Aladas, queren botar unha man e regalarnos o libro AMAR en pdf e unha proposta: a de crear, nunha parede da casa, a vosa árbore do amor.
Unha árbore para acubillarse en circunstancias de tensión, enfado ou tristeza e ante a que compartir momentos reconfortantes. Podedes facelo toda a familia!
Amar contribúe ao noso benestar emocional: axúdanos a construír boas relacións, póndonos en valor a nós mesmos e recoñecendo e apreciando o bo trato que recibimos dos demais. Deste xeito, axuda a previr o acoso, a discriminación e a violencia de xénero.
Cando nos sentimos coidados, respectados, apoiados, invádenos a certeza de que poderemos facer realidade calquera soño. Porque sabernos amados dános ás. E esa sensación é a máis doce.
Descarga o libro, a proposta e outras actividades, premendo nos seguintes enlaces:
- Material gratuíto vinculado ao libro AMAR
- Ideas para explorar as ilustacións do libro
*RECORDADE QUE NOS PODEDES ENVIAR AS FOTOS DAS VOSAS ÁRBORES A: orientacionalbino@gmail.com
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |