6º Curso

Inglés

Ola!, espero que siga todo moi ben; agora sí que rematamos o curso, entón esta semana tedes a corrección dos deberes da semana pasada e de novas tarefas póñovos as páxinas web para que fagades algo de repaso relaxado.

Repasade algo nas vacacións, para non olvidar todo.

Felicitarvos polo traballo realizado e desexarvos un bo verán.

 

CORRECCIÓNS 

As páxinas web:

agendaweb.org

gamestolearnenglish.com

 

SEGUNDA METADE DO SÉCULO XIX E PRINCIPIOS DO S. XX

Século XIX. Ano 1868. Deixaramos á convulsa Isabel II no exilio en Francia debido a unha REVOLUCIÓN chamada A GLORIOSA. Se queredes saber máis sobre o que pasou despois só tedes que ler o traballo de Iago.

                  

Ou o de Shaila que se centra máis na figura de Alfonso XII, pero que nos dá unha perspectiva ampla dos anos anteriores ao seu reinado.

           

Andre danos unha pequena pincelada dun rei que só reinou dous anos: Amadeu I de Saboia (1871-1873).

       

Marcos continua avanzando no século XIX e dá unha panorámica do que sería o reinado de Alfonso XII (fillo de Isabel II) e a obrigada rexencia da súa muller Mª Cristina de Hasburgo.

       

 O sucesor de Alfonso XII sería o seu fillo Alfonso XIII (que non  o chegou a coñecer), André cóntavos algo da súa vida.

          

Carmela centrouse nos principais avances médicos que houbo neste século.

             

SOCIAIS, HISTORIA, LINGUA GALEGA E VIDA: DERRADEIRA LECCIÓN DE PEPE.

Boas rapaces.

Aquí imos pór punto e final as tarefas ao longo destes meses tan estraños. A semana que vén xa será diferente...

Déixovos nos adxuntos (abaixo, á dereita) tres audios moi especiais onde Pepe vos explica o que aconteceu en Galicia desde o século XIX ata o século XX (guerra civil 1936-1939) e un resumo de todo o que vos vai contando. Non perdades detalle;)

Só vos pedimos que escoitedes con atención e que leades o resumo que vos colgamos nos adxuntos. Trátase de que vos quede unha visión xeral do que acontecía durante eses anos nesta terra nosa.

ÚLTIMA TAREFA DAS LINGUAS

 

Boas rapaces.

Aquí vai a última tarefa das linguas (l.castelá ou l. galega). Trátase de que fagades unha despedida de todo o que deixades atrás co remate deste curso. Coma todas as que fomos mandando ao longo deste confinamento é unha tarefa que deberiades facer en varias sesións. Primeiro pensade ben a que lle ides decir adeus (ou ata logo): aos compañeiros, ao colexio, aos mestres, ao facer tarefas a través de internet... e a que lle diredes ola: o instituto, novas amizades, novos profesores, novas rutinas... Podedes pensar como vos gustaría que fose a despedida e como vai ser, con que aspectos positivos vos quedades. Bueno... o que se vos ocurra!

Para explicalo mellor déixovos un audio nos archivos onde vos conto os formatos que podedes empregar e tamén un PDF cunha pequena despepida para que vos sirva de axuda.

Ánimo que isto acabouse e fixéstelo xenial!!

CORREXIR TAREFAS DE MATEMÁTICAS

Bos días rapaces.

Déixovos AQUI as solucións dos exercicios de matemáticas da semana pasada. Podedes ilas correxindo mentres non subimos as últimas tarefas das linguas e de C. Sociais. 

 

EN...EDUCACIÓN FÍSICA… XOGO NA CASA !

...últimos días de curso!... antes dun merecido descanso...imos polos últimos retos?

Veña!....    Página 2 | Dedo del pie PNG cliparts descarga gratuita | PNGOcean

Inglés

Ola! Espero que estedes ben, e que sigades con ánimo que xa queda moi pouco.

O traballo de esta semana vai na folla de indicacións; tamén tedes outra ficha e a corrección dos deberes da semana pasada.
 
 
 
 

ENQUISA SOBRE O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR -6º

O Equipo de Biblioteca Escolar, como cada final de curso, quere coñecer a vosa opinión sobre o funcionamento da nosa biblioteca. Só tedes que premer na imaxe de Librín, a nosa mascota, e cubrir a enquisa que aparece, levaravos moi pouquiño tempo contestala e a nós permitiranos saber que  cousas estiveron ben e cales hai que mellorar...ademais, é anónima. Grazas, a vosa opinión é moi importante!!

C.SOCIAIS: COMEZAMOS O SÉCULO XX

Imos seguir coa historia!!
 
 
Agora toca continuar cara adiante e comezar o século XX en España. Así que imos facer coma sempre teredes que ler as páxinas do libro nas que vos fala dos comezos do século ata a finais da guerra civil (páx. 128 - 133), escoitar os audios coas explicacións de Pepe sobre todo este periodo e mirar o cadro resumo.
Cando teñades unha visión global de todo o que pasou escoitade a proposta de actividades que vos facemos e cada quen que elixa o que máis se adapte as súas circuntancias. Sei que nos sorprenderedes coma sempre, estades feitos uns campeóns!!
 
 
ESTA TODO NOS ADXUNTOS!!

MATEMÁTICAS: SOLUCIÓNS ÁS TAREFAS DA SEMANA PASADA E NOVAS ÁREAS

Bos días!!

Deixámosvos AQUÍ as solucións ás tarefas das áreas do triángulo e do romboide. Non esquezades correxilas, para comprobar que as fixestes ben. Ademais imos continuar co tema das áreas e esta semana toca traballar coa área do círculo e coa dos polígonos regulares. Así que deixamosvos nos adxuntos unha pequena explicación por escrito e unhas actividades. A explicación oral xa vola da Pepe o día da videoconferencia.

Ánimo isto estase acabando;)

Powered by Drupal - Design by artinet