3º Curso

Inglés

Ola! espero que estedes moi ben, imaxino que sí porque coas vacacións á volta da esquina, estaredes moi content@s.

Esta semana non vou subir traballo, só deixarvos unhas páxinas web, nas que podedes facer exercicios e xogos cando queirades repasar un pouco.

Que pasedes un bo verán!.

 

agendaweb.org

gamestolearnenglish.com

Ola, familias!

- Vacacións! Tempo de xogueta, baños refrescantes, afeccións, lecturas, viaxes... que sei eu! Pasémolo ben e... con sentidiño!

- Á vosa disposición quedan as actividades de reforzo e ampliación realizadas desde a casa ao longo do 3º trimestre, xunto cunha proposta de lectura e escritura (puntos 1 e 2), por se no verán vos resulta oportuno revisar ou realizar algunha das actividades. 

- Vídeo con biografía e xogo interactivo sobre Ricardo Carvalho Calero. Festa rachada ás letras galegas! Falamos galego o resto do ano! Tamén nas vacacións!

ana3albino@gmail.com

 

 Actividades educativas de repaso, reforzo e ampliación recomendadas:

1.- A lectura, compañeira de aventuras.

2.- Un caderno en branco para escribir e debuxar tamén che pode interesar. 

3.- Texto explicativo para aceder á plataforma BlinkLearning, que permite dispoñer dos libros dixitais de matemáticas e de ciencias da natureza de Anaya.

4.- Acceso ao libro dixital (Edubook) de Vicens Vives das materias de lingua castelá, lingua galega e ciencias sociais. A editorial retirou o acceso aos libros dixitais.

5.- Repaso dos contidos básicos e proposta de actividades de reforzo e ampliación dos temas do 1º e do 2º trimestre dos libros dixitais de:

  - Lingua castelá. Temas: 1, 23, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10.

  - Lingua galega. Temas: 1, 2, xogo, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10.

  - Ciencias sociais. Temas: 1, 2, 3, 4, 5, 6.

  - Ciencias da natureza. Temas: 1, 2, 3, 4.

6.- Actividades imprimibles do libro de texto de matemáticas, con solucionario. Temas: 1, 1S   2 e 3, 2 e 3S   44S   5, 5S  -  6 e 7, 6 e 7S, act. 1, act. 2   8, 8S, act. 3

7.- Resolución de operacións imprimibles :

sumas (1, 2, 3, 4, 5), restas (12, 3, 4, 5), multiplicacións (1, 2, 3, 4, 5), divisións (12, 3, 4, 5).

8.- Resolución de problemas matemáticos imprimibles:1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12.

9.- Actividades de lectura imprimibles: trabalinguas, lecturas en pirámide, lectura de oracións partidas, rastreo de palabras.

Textos de comprensión lectora en galego:1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12.

Textos de comprensión lectora en castelán:1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12.

10.- Actividades online de tipo educativo e lúdico en páxinas web:

       - Repaso das táboas de multiplicar: 1, 2 , xogos.  

       - O reloxo: 1, 2

         Xogos educativos por materias:

       - Xogos para traballar meros e operacións, unidades de medida e resolución de problemas

       - Xogos de linguaxe para traballar ortografía, gramática, vocabulario e comprensión lectora.

       - Actividades de lectura comprensiva con corrección.

       - Lectura de chistes

       - Actividades e xogos de ciencias da natureza e ciencias sociais. (Elixir temas dados).

       - Experimentos

 

    

Inglés

Ola! Espero que sigades ben; xa nos queda moi pouquiño, así que ánimo.

Tedes a folla de Indicacións e a corrección dos deberes da semana pasada. E as fichas que tedes que facer.

INDICACIÓNS

CORRECCIÓNS

FICHA 1

FICHA 2

FICHA 3

FICHA 4

EN...EDUCACIÓN FÍSICA… XOGO NA CASA !

...últimos días de curso!... antes dun merecido descanso...imos polos últimos retos?

Veña!....    Página 2 | Dedo del pie PNG cliparts descarga gratuita | PNGOcean

ENQUISA SOBRE O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR -3º

O Equipo de Biblioteca Escolar, como cada final de curso, quere coñecer a vosa opinión sobre o funcionamento da nosa biblioteca. Só tedes que premer na imaxe de Librín, a nosa mascota, e cubrir a enquisa que aparece, levaravos moi pouquiño tempo contestala e a nós permitiranos saber que  cousas estiveron ben e cales hai que mellorar...ademais, é anónima. Grazas, a vosa opinión é moi importante!!

Inglés

Ola! Espero que sigades ben. Ánimo que xa vai faltando menos.

Tedes o traballo de esta semana, na folla de Indicacións; tamén a corrección das da semana pasada.

INDICACIÓNS

CORRECCIÓNS

 

Os audios van abaixo como adxuntos.

EDUCACIÓN FÍSICA....XOGO NA CASA!

COMEZAMOS O MES DE XUÑO...E A "CONTA ATRÁS" PARA AS VACACIÓNS DE VERÁN!...SEGUIMOS COS NOSOS RETOS NAS TRES SEMANAS QUE NOS QUEDAN DE ACTIVIDADE LECTIVA...

IMOS AO RETO!

CONTAMOS DENDE A CASA: MINIMALADAS

Xa podedes ver as historias sobre animais que os nenos e nenas nos contaron dende as súas casas. Agradecer a todas as familias o esforzo realizado, sen vós non sería posible este proxecto. GRAZAS.

Esperamos que vos guste!!

MINIMALADAS 

 

E se queredes ver todos os contos que fixeron os nenos e nenas dos diferentes cursos de primaria,aquí tedes esta presentación:

  

Inglés

Ola! Unha semana máis que se foi; espero que sigades moi ben e que estedes traballando moito, que xa falta moi pouquiño. Ánimo.

O traballo que tedes que facer esta semana, está na folla de Indicacións. Tedes tamén a corrección dos deberes da semana pasada e unha ficha de reforzo.

INDICACIÓNS

CORRECCIÓN DEBERES

REINFORCEMENT 3

E olvideime da PASSWORD; tedes que buscar a da páxina 40 do Pupil's book, que é E-11 .

Seguro que vós xa vos dabades de conta.

 

Os audios van ao fondo como adxuntos. 

EN...EDUCACIÓN FÍSICA… XOGO NA CASA !

 

EN...EDUCACIÓN FÍSICA… XOGO NA CASA !

Unha semana máis...e un reto novo!... Que vos parece..utilizar a bici para demostrar algunha das vosas habilidades?

IMOS AO RETO...

Powered by Drupal - Design by artinet