Curso 2015-16

MAMÁ CABRA

O venres 20 de maio os pequenos e pequenas de Educación Infantil acudiron ao Auditorio Municipal para presenciar o espectáculo 15 PRIMAVERAS do grupo MAMÁ CABRA. 

Mamá Cabra é un grupo de música que celebra os seus 15 anos no mundo da música infantil, de aí o título do seu novo espectáculo: 15 PRIMAVERAS.  Nel fan un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións: "Un espectáculo diferente cun formato de “Concerto-Teatro” no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda. Para facer o noso repertorio básamonos en poemas de: Gloria Sánchez, Ana María Fernández, Concha Blanco, Antonio García Teijeiro, etc., aínda que tamén temos cancións propias ou temas que adaptamos do noso folclore". (sinopse extraída da páxina oficial do grupo).

Nas actuacións buscan a participación dos nenos e nenas, propoñendo xogos como: imitar os xestos, facer acompañamentos rítmicos sinxelos, repetir un pequeno retrouso, etc. Os pequenos e pequenas pasárono fenomenal. Era a primeira saída para os nenos e nenas de 4º de infantil e non vexades o que disfrutaron coa actividade!!. 

(Premer na imaxe para acceder á galería de fotos)

LETRAS GALEGAS 2016

O xoves 19 de maio rematamos no cole a semana adicada á nosa lingua cun pequeno festival onde recordamos a figura do escritor MANUEL MARÍA, escritor ao que se adica este ano 2016 o día das LETRAS GALEGAS. Participaron rapaces e rapazas de todos os cursos que quixeron rendir o seu pequeno homenaxe ao poeta da Terra Chá que non se olvidou dos máis pequenos/as e escribiu tamén para eles. 

L

E

T

R

A

 S 

 

G

A

L

E

G

A

S

 

2

0

1

6

 

 (Premede nas imaxes para acceder a máis información no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega)

XORNAL ESCOLAR 2016

 

Para os que non puidestes velo na tele... deixámosvos os enlaces ao programa XORNAL ESCOLAR, da cadea de televisión local TELEMIÑO, que protagonizou o noso centro.

 

 

 

XORNAL 

ESCOLAR 

1ª PARTE

XORNAL 

ESCOLAR 

2ª PARTE 

(Preme nas imaxes para ver os vídeos)

VISITA DE CARDIO, MAIO 2016

Un ano máis chegou a esperada visita de CARDIO ao noso cole. Como xa sabedes, CARDIO é a mascota do programa SI! (Saúde Integral) promovido pola fundación SHE do doctor Fuster e que dende o curso 2012-13 se leva a cabo no centro. 

Os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria estaban ansiosos por recibir a CARDIO, abrazalo e bailar con el. Para preparar a súa visita, realizaron previamente, debuxos sobre CARDIO que colocamos nun gran panel no patio de entrada do colexio, para darlle a benvida nada máis chegar ao centro. Despois de saudar a CARDIO e bailar con el, este obsequiounos con "chuches" de zume de froitas...boísimas!!. 

Non vos perdades as imaxes desta xornada tan especial para os pequenos e pequenas.

Tamén, como xa sabedes, esta visita é o comezo da celebración da semana da saúde con CARDIO, da que xa vos iremos informando en seguintes novas. 

XORNAL ESCOLAR

Xa temos aquí o suplemento do xornal La Región adicado ao noso centro:

Tamén vos deixamos os enlaces á edición dixital do mesmo xornal:

(Premede en cada unha das imaxes para ler as diferentes novas sobre o centro)

 

VISITA A ETAP

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Educación Primaria foron o pasado 27 de abril visitar a Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP), situada no barrio de San Francisco de Ourense, para coñecer "in situ" todo o proceso de potabilización das augas.

Con esta actividade, promovida polo Concello de Ourense, preténdese que os rapaces e rapazas coñezan a importancia e necesidade de potabilizar as augas, así como o complicado e custoso labor de captación, potabilización e almacenamento e distribución da auga e, por último, que tomen conciencia da necesidade de non malgastar a auga potable.

A actividade constou de dúas partes ben diferenciadas: primeiramente asistiron a unha charla, acompañada dunha presentación, onde recibiron explicacións sobre a auga e o seu ciclo, o proceso de potabilización... Posteriormente visitaron as instalacións e observaron como se produce o filtrado das augas.

Rapaces e rapazas de 6º durante a charla teórica 
Alumnado de 5º observando o funcionamento da estación potabilizadora 

(Se premes na primeira imaxe accededes a galería de fotos. Premendo na segunda enlazades directamente co blog dos alumnos/as de 5º de primaria onde nos deixan as súas impresións sobre a actividade)

XORNAL ESCOLAR

Despois da experiencia positiva do ano pasado, este curso volvemos a participar nunha nova edición do programa XORNAL ESCOLAR, programa da cadea de televisión local TELEMIÑO. O pasado 12 de abril realizouse a gravación nas instalacións do centro e o 18 completouse coa gravación nos estudios de TELEMIÑO. 

O programa emitirase por primeira vez o vindeiro sábado, 7 de maio, ás 11 da mañá e logo volverá a emitirse varias veces ao longo da semana (domingo ás 14:30 horas, e resto dos días consultar programación). Como anticipo do programa, o mércores, 4 de maio, sairá publicado no xornal LA REGIÓN, un especial adicado ao noso colexio e á gravación do programa (especial tamén denominado XORNAL ESCOLAR). 

Nas seguintes imaxes podemos ver un anticipo do programa e os seus protagonistas:

                 OS PRESENTADORES...           O COMEDOR ESCOLAR... E AS SÚAS                                          MASCOTAS... 
              A BIBLIOTECA E OS MÁIS                                     PEQUERRECHOS DO COLE...              A AULA DE 2º A E SAMANTHA, A NOSA                  AUXILIAR DE CONVERSA...
O HORTO DOS AMIGOS DE CARDIO... OS RAPEIROS DE 6º CURSO...
   
OS BAILARÍNS DE 4º...  OS MÚSICOS DE 5º...
               OS XOGOS E ADIVIÑAS...                       E MÁIS SORPRESAS...

E OS MOMENTOS VIVIDOS NO ESTUDIO DE GRAVACIÓN...

 NOS VOS PERDADES A EMISIÓN DO PROGRAMA O VINDEIRO 7 DE MAIO EN TELEMIÑO!!

 

AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS: 6º PRIMARIA

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, establece no seu artigo 21 que, ao finalizar o sexto curso de educación primaria, se realizará unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas, na cal se comprobará o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, así como o logro dos obxectivos da etapa. 

Segundo o calendario establecido pola citada lei, neste curso 2015-16 realizarase por primeira vez a citada avaliación final de 6º curso. O pasado martes, 26 de abril, saiu publicado no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria e a avaliación individualizada de 3º curso. 

Achégase enlace:

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/16.

Segundo as citadas instrucións as probas realizaranse os vindeiros 11, 12 e 13 de maio. Achegámoslles tamén para o seu coñecemento unha carta informativa que a Consellería acaba de enviar para a súa difusión entre as familias do alumnado de 6º curso:

APADRIÑAMENTO LECTOR

 

Para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBROo Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizou unha nova edición da actividade APADRIÑAMENTO LECTOR. Aproveitando o bo tempo, a actividade realizouse o luns 25 de abril en diversos espazos exteriores do recinto escolar.

 

Se queredes saber máis sobre a mesma e ver a galería de fotos, facede click nas imaxes para acceder ao blog da biblioteca escolar. 

DÍA DO DEPORTE

O martes 19 de abril celebramos o DÍA DO DEPORTE como complemento e remate do programa CANDO XOGO... EN GALEGO!!, programa que estivemos realizando ao longo de 6 semanas. Co mesmo tratabamos de aunar o fomento de hábitos saudables, como é o da actividade deportiva, e o fomento da nosa lingua dando a coñecer, para o seu posterior uso, o vocabulario específico en galego dos deportes máis coñecidos (máis información en entradas anteriores). Foi unha xornada de convivencia lúdico-deportiva na que todo o alumnado participou na medida das súas posibilidades, tratando tamén de fomentarse o espíritu deportivo, o compañeirismo e a autoestima. 

Agradecemos a Ourense C.F. / Ourense- Envialia F.S. e o Clube de Atletas Veteranos de Ourense a súa colaboración na organización deste día e a súa participación nas diferentes actividades.  

Aquí tedes un resumo en imaxes de como transcurriu este dia:

   
1. Comezamos ás 10 da mañá na biblioteca do centro cunha charla sobre atletismo para 5º e 6º de primaria  2. Sesións de quecemento antes das probas de atletismo
   
3. Ás 11, por cursos, os alumnos/as dende 1º ata 6º de primaria realizaron un circuíto señalizado polo patio do colexio 4. Ás 11:30 charla sobre fútbol dirixida a 4º, 5º e 6º de primaria 
   
5. Ás 12:15 os pequenos/as de infantil rotaron por tres diferentes circuitos de psicomotricidade  6. Tamén ás 12:15 comezaron os partidos de fútibol sala (dúas semifinais e unha final) 
   
Así viviron as competicións dende as bancadas    Rematamos coa entrega de diplomas e medallas conmemorativas a todo o alumnado

Powered by Drupal - Design by artinet