Proxectos educativos

COMO TRABALLAMOS

No centro lévanse a cabo distintos proxectos ou programas de innovación co fin de mellorar a calidade do ensino, potenciando o desenvolvemento das competencias e capacidades do noso alumnado:

- Potenciación das TICs: dende o curso 2010-11 (ano de posta en marcha do programa por parte da Consellería) o centro está adscrito ao Programa Abalar, contando con catro aulas Abalar completamente equipadas (5º A, 5º B, 6º A e 6º B). A integración plena das TICS na práctica educativa é o fin que pretendemos. 

Tamén, dende o seu primeiro ano de posta en marcha, participamos cada curso no plan Navega con Rumbo, programa promovido pola Consellería de Educación en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e que pretende acadar un uso seguro por parte dos alumnos e alumnas cando navegan pola rede, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.  

 - Promoción de hábitos saudables: dende o curso 2012- 2013 estamos adscritos ao Programa SI (Saúde Integral), programa promovido, por iniciativa do Doctor Fuster, pola fundación SHE (Ciencia, Saúde e Educación) en colaboración co Concello de Ourense, co fin de promover a saúde mediante a comunicación e a educación da poboación. O proxecto comezou en educación infantil e dende o curso 2018-19, xa está implantado en infantil e en toda a etapa de educación primaria.

Tamén formamos parte do Plan de Consumo de Froita nas Escolas, que fomenta a adquisición de hábitos saudables mediante o consumo de froita nos recreos. e que dende o curso 2017-18 se ampliou ao Consumo  de Leite. No actual curso 2019-20 xa temos solicitado a continuación no mesmo. 

A traves do proxecto "Un comedor 7S (saúdable, sensible, silencioso, solidario, sostible, sorrinte e saboroso)", o noso comedor escolar tamén ten unha finalidade educativa: ademais de proporcionar unha alimentación de calidade adaptada ás necesidades e ás características dos nenos e nenas, tratamos de educalos en valores (respecto, solidariedade, coidado da saúde, responsabilidade co medio ambiente...). 

- Potenciación da educación ambiental e de hábitos saudables: Horto escolar: "O horto dos amigos de Cardio",  e "O xardín dos sentidos" posto en marcha no curso 2013-2014, e enlazado co Programa SI, trata de impulsar o respecto polo entorno e o seu coidado, facendo aos nenos/as protagonistas e construtores do seu propio proceso de aprendizaxe, fomentando a aprendizaxe por investigación e o descubrimento.

No curso 2014-2015 tamén formamos parte do Programa Voz Natura co proxecto "Do horto ao prato. O xardín dos sentidos", centrado no horto ecolóxico, co fin de fomentar o coidado e conservación do medio natural, mellorar a nosa calidade de vida e promover hábitos saudables. Destacar que este curso o noso centro conseguiu o premio ao mellor blog de todos os proxectos presentados a Voz Natura.

No curso 2015-16 seguimos formando parte do Programa Voz Natura e  ademais de continuar co noso proxecto de horto escolar, comezamos un novo chamado "Re-xeneración: verde no canto de marrón", co fin de concienciar  a todos os membros da comunidade educativa da necesidade de respectar e cumprir as normativas medioambientais e de protexer as paisaxes culturais, como parte da educación en valores, da competencia social e cidadá e, sobre todo, duns hábitos saudables de vida. Este curso tamén acadamos un premio: mellor proxecto da provincia de Ourense. 

No curso 2016-17 o noso proxecto de Voz Natura estivo centrado na reciclaxe "Reciclamos lixo co mellor sorriso. Por unha escola sostible". Pretendendo desenvolver paulatinamente nos nenos e nenas a conciencia e a ética ecolóxicas, fomentando actitudes responsables cara o uso de recursos e a conservación do medio.

No curso 2017-18, o título do proxecto de Voz Natura foi "Auga, pedra, sabedoría e terra". A defensa e coidado do noso patrimonio, tanto material como inmaterial foron os obxectivos que pretendimos acadar co mesmo. Destacar a nosa participación na festa de fin de curso de Voz Natura cun Photocall sobre o noso  patrimonio, centrado nos oficios populares da nosa contorna. 

No curso 2018-19 o noso proxecto estivo centrado nas árbores autóctonas co nome de "Entre salgueiros, bidueiros e carballos". 

No presente curso escolar 2019-20, como a redución e eliminación de plásticos é o tema desta edición, o noso proxecto títulase "Desplastifícate".

No curso 2016-17 incorporámonos ao Plan Proxecta, concretamente á modalidade 11: METEOESCOLAS. O principal obxectivo deste programa é o de mellorar as competencias do alumnado en temas medioambientais e das ciencias da Terra e promover a investigación na escola, mediante a observación directa do tempo no seu centro e a contorna, así como desenvolvendo diversas competencias de xeito interdisciplinar. Continuamos co mesmo no curso 2018-19 e tamén pretendemos facelo este curso. 

- Potenciación das habilidades do alumnado: "Xadrez: aprender a aprender", iniciado no curso 2013/2014. Programa promovido polo Concello de Ourense e que pretende mellorar as capacidades e desenvolver as habilidades dos nenos/a mediante o emprego do xadrez como ferramenta pedagóxica. 

- Potenciación das linguas estranxeiras: Dende o curso, 2014-2015 o centro incorporouse á Rede de centros plurilingües de Galicia, impartíndose en lingua inglesa a materia de educación plástica en 1º curso de primaria. Este plan foi extendéndose paulatinamente a todos os niveis de educación primaria e xa neste curso 2019-20 a materia de plástica é impartida en inglés en todos eles. Como consecuencia desta incorporación, contamos cunha auxiliar de conversa, persoa nativa de fala inglesa.

- Contamos cunha biblioteca escolar completamente renovada e que foi reinagurada en marzo de 2013 nun novo espazo amplo e luminoso e que cumpre un papel fundamental na organización do centro.O equipo dinamizador da biblioteca escolar xestiona e organiza a mesma e programa actividades de todo tipo para promover o seu uso como fonte de información e recursos para a aprendizaxe das demais áreas e materias e para fomentar hábitos de lectura. No curso 2016-17, a nosa biblioteca foi incorporada ao PLAMBE  (Programa de Bibliotecas Escolares de Galicia), rede a que pertenecen uns 615 centros escolares de toda Galicia. Continuamos neste programa no curso 2017-18, 2018-19 e 2019-20. 

- Programas de reforzo escolar. No curso 2015-16  volvemos a asinar un Contrato-Programa coa Consellería de Educación, concretamente o Plan de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA- modalidade 1), plan destinado ao alumnado de 3º, 4º. 5º e 6º de Educación Primaria que presenta dificultades de aprendizaxe nas materias de matemáticas e lingua para, a través de clases de apoio ou o traballo organizado, mellorar a adqusición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo da aula e ás esixencias das diferentes áreas. Continuamos co mesmo no curso 2016-17, 2017-18, 2018-19  e tamén pretendemos facelo no presente curso 2019-20.

 

   
     

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet