NORMAS DA BIBLIOTECA

O PRÉSTAMO  SERÁ DE 15 DÍAS EXCEPTO OS DA SECCIÓN AMARELA (LIBROS DE CONSULTA) QUE SERÁ SÓ DE FIN DE SEMANA. AS REVISTAS SON SÓ PARA A LECTURA EN SALA, NON SE PRESTAN.

PODERÁSE EMPRESTAR 1 LIBRO E UNHA PELÍCULA Á VEZ (2 ARTIGOS). NO INTERIOR DOS LIBROS E DOS DVDs PORASE UNHA NOTA COA DATA DE PRÉSTAMO  E A DE DEVOLUCIÓN (PARA QUE SE ACORDEN  DE CANDO TEÑEN QUE DEVOLVELOS).

RECORDADE NO PRÉSTAMO DE DVDs QUE AS CARÁTULAS ESTÁN BALEIRAS. AS PELÍCULAS ESTÁN NO FICHEIRO QUE ESTÁ NO ARMARIO. NA FICHA DE PRÉSTAMO, Ó LADO DO TÍTULO, PORASE DVD OU VHS SE É O CASO.

PODERASE RENOVAR, SE ASÍ SE DESEXA, O PRÉSTAMO DUN LIBRO PASADOS OS 15 DÍAS POR OUTROS 15. OS DVDs NON SE RENOVAN.

OS PROFES QUE QUEIRAN COLLER LIBROS PARA A AULA DEBERÁN ANOTALOS NA LIBRETA COA MAIOR BREVIDADE POSIBLE ANOTANDO O SEU NOME E A DATA DE PRÉSTAMO.

OS AXUDANTES DE BIBLIOTECA ESTARÁN A DISPOSICIÓN DO PROFESOR E ENCARGARANSE DE: COLOCAR OS LIBROS E DVDs NOS SEUS ANDEIS, MIRAR QUE A BIBLIOTECA EN XERAL QUEDE ORDENADA, MANTER SILENCIO…

PODERÁN FACER DEBERES SENTADOS NAS MESAS QUE HAI NO RINCÓN DOS MAIORES.

OS ORDENADORES PODERANSE UTILIZAR ADEMAIS DE PARA A BUSCA DE INFORMACIÓN,  PARA XOGAR, ESCOITAR MÚSICA… TENDO EN CONTA QUE SEMPRE SERÁ PRIORITARIA A REALIZACIÓN DE TRABALLOS E A BUSCA DE INFORMACIÓN. EN NINGÚN CASO SE PODERÁN CONECTAR COAS REDES SOCIAIS NIN IR A XOGOS OU PÁXINAS NON APROPIADAS A SÚA IDADE.
SE HAI MOITA DEMANDA, PODERÁN ESTABLECERSE TURNOS DE 10 MINUTOS.

CADA MES PASARASE UN LISTADO POR AULA COS NOMES DOS NENOS/AS QUE NON DEVOLVERON OS ARTIGOS NO PRAZO ESTABLECIDO.

Powered by Drupal - Design by artinet