AXUDAS DO CONCELLO DE OURENSE CURSO 2019-20

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense do pasado 22 de maio de 2019 saiu publicada a convocatoria para a solicitude de Axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e para comedores escolares para o curso 2019/2020.

Convocatoria realizada polo Concello de Ourense e destinada a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo do Concello de Ourense, que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria do Concello de Ourense, nos que non se segregue aos alumnos/-as por sexo.

O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende o 23 de maio ata o 12 de xuño, ambos incluídos.

Os requisitos destas axudas ríxense polas bases reguladoras fixadas no Boletín Oficial publicado o 25 de maio de 2019.

Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información:

 

 -- Boletín Oficial da Provincia do 25 de maio de 2019                                     (bases reguladoras das convocatorias anuais) 
-- Boletín Ofical da Provincia do 22 de maio de 2019
 - Resumo da documentación a presentar 
 - Solicitude (Anexo I) e Declaración Responsable (Anexo II)

Na páxina web do Concello, na área de Asuntos Sociais, tedes máis información:

- ÁREA ASUNTOS SOCIAIS (CONCELLO DE OURENSE)

Recordade que as axudas do Concello de Ourense para libros de texto e material escolar son para o alumnado de educación infantil.

Powered by Drupal - Design by artinet