PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS

Por tercer ano consecutivo, neste curso 2018/19, formamos novamente parte do programa de METEOESCOLAS (incluído no PLAN PROXECTA).

- Resolución definitiva PLAN PROXECTA 2018-19.

Como novidade para este curso, en relación co Proxecto Anual desenvolvido no centro "ENTRE SALGUEIROS, BIDUEIROS E CARBALLOS", destacamos dous obxectivos:

- Coñecer os efectos da climatoloxía nas árbores autóctonas.

- Resaltar os beneficios e facilidades de adaptación ao clima das árbores autóctonas fronte a outras especies.

En canto ás actividades, ademais das xa habituais de observación, recollida e análise dos datos meteorolóxicos diarios (temperatura, precipitacións, fenómenos metereolóxicos...) destacamos algunhas delas: continuaremos co noso concurso de fotografía, aínda que neste curso conta cunha novidade: en realidade serán tres, un por cada estación do ano (outono, primavera e inverno). Nas fotografías observarase o cambio producido polos diferentes elementos climatolóxicos ao longo das estacións, principalmente en relación coas árbores.

Os máis pequerrechos de infantil traballarán sobre a vestimenta en relación coa climatoloxía. Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria buscarán e traballarán cancións e cantigas que fagan referencia ao tempo. Rapaces e rapazas de 3º e 4º realizarán pictogramas (con apoio de texto) sobre termos relacionados coa metereoloxía. E xa os maiores recollerán ao rematar cada semana novas (tanto de xornais impresos coma dixitais) sobre o tempo e farán resumos e micro-relatos do acontecido cada final de mes.

Xa vos iremos informando destas e doutras actividades ao longo do curso.

 

No curso 2017/18 participamos por segundo ano consecutivo no PLAN PROXECTA, concretamente na variedade denominada METEOESCOLAS. Debido ao interese mostrado por parte do alumnado e do profesorado, e en relación coa participación sobre todo en Voz Natura e o traballo no horto da escola, e coa perspectiva de configurar un centro sostible, concienciado co medio ambiente, propoñemonos continuar a nosa participación no programa METEOESCOLAS. Así o alumnado seguirá achegándose ao coñecemento dos diferentes fenómenos meteorolóxicos dun xeito activo e participativo, que axuda á súa vez a crear un clima de convivencia moito máis positivo. 

METEOESCOLAS 2017- 18

 Algúns dos obxectivos marcados para este curso son:

Implicar a toda a comunidade educativa no coñecemento da meteoroloxía e a súa relación co medio ambiente.

Familiarizar ao alumnado do centro cos termos meteorolóxicos e co funcionamento dos instrumentos de medida.

Empregar a meteoroloxía como motor dun traballo interdisciplinar que fomente o desenvolvemento das competencias clave.

Proporcionar ao alumnado estratexias de manexo de información: rexistro e interpretación de gráficas, táboas, climogramas etc.

Desenvolver no alumnado estratexias de relación social e de traballo cooperativo, que fomenten a inclusión de todos e un clima de convivencia axeitado.

Entre as actividades a realizar, ademais da diaria recollida de datos de temperaturas, choiva e estado do ceo (que reflectimos diariamente no noso taboleiro da entrada do colexio), e das táboas e rexistros que realizan nas distintas aulas, destacamos:

A celebración do II Concurso "Fotografía a Meteoroloxía" que este curso ten como novidade que as fotografías teñen que amosar distintos fenómenos meteorolóxicos (chuvia, nubes, arco da vella, neve, néboa, sarabia, treboadas, raios etc.) cun ou varios elementos do PATRIMONIO MATERIAL DA NOSA ZONA XEOGRÁFICA, dado que este curso traballamos no centro o PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: "AUGA, PEDRA, SABEDORÍA E TERRA" que está centrado no coñecemento e defensa do noso patrimonio (tanto material como inmaterial).

Continuaremos co estreito traballo de colaboración co equipo de Voz Natura no horto escolar. 

 Tamén realizaremos unha visita a METEOGALICIA, concretamente o día 08 de maio, e esta vez acudirán os alumnos de 4º e 5º de primaria para visitar as instalacións de MeteoGalicia en Santiago de Compostela, onde lles explicarán como realizan o seu traballo os meteorólogos e asistirán ao lanzamento dunha radio-sondaxe. 

Coñoceremos nun encontro con avós e bisavós da zona como predecían o tempo antigamente,  recibiremos a visita dun meteorólogo no centro.  

 

Por primeira vez no curso 2016/2017 participamos no PLAN PROXECTA, plan promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con outros organismos e dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros.

- Información sobre o PLAN PROXECTA

 

- Resolución pola que se regula e se estalecen as bases do Plan Proxecta. 

O Plan Proxecta engloba un total de 41 programas diferentes e o noso centro vai participar este curso na modalidade 10 chamada METEOESCOLAS, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; concretamente o proxecto que imos realizar chámase: MOITO OLLO AO METEORO!!!

Os principais obxectivos de dito plan son:

- Familiarizar ao alumnado do centro cos termos meteorolóxicos e co funcionamento dos instrumentos de medida.

- Empregar a meteoroloxía como motor dun traballo interdisciplinar que fomente o desenvolvemento das competencias clave.

- Extender o emprego das TIC, sobre todo nos cursos que están dentro do programa ABALAR, a tarefas significativas e imbricadas na realidade cotiá.

- Proporcionar ao alumnado estratexias de manexo de información: rexistro e interpretación de gráficas, táboas, climogramas, etc.

- Mellorar a conduta do alumnado no centro, fomentando espazos de aprendizaxe activo, vivencial e construtivo.

- Desenvolver no alumnado estratexias de relación social e de traballo cooperativo, que fomenten a inclusión de todos e un clima de convivencia axeitado.

En relación co proxecto do horto escolar, co que está relacionado, os obxectivos máis concretos son:

1) Descubrir a influencia do clima sobre a produtividade do horto escolar.

2) Seleccionar os cultivos que se adapten mellor ao noso horto, en función do clima.

METEOESCOLAS 2016-17

3) Avaliar o impacto da temperatura no rendemento do horto escolar.

4) Comprobar a influencia do clima nos cultivos protexidos no invernadoiro, e comparala coa influencia deste sobre os cultivos non protexidos.

5) Descubrir a influencia do clima no desenvolvemento das pragas e das enfermidades nos cultivos.

6) Descubrir a importancia da adaptación ao medio dos cultivos.

 

Nos seguintes enlaces tedes máis información:

- Programa MeteoEscolas

- Resolución definitiva de centros admitidos

- O programa MeteoEscolas na páxina de MeteoGalicia

 

Agora xa só queda poñerse a traballar!!  Iremos informándovos das actividades máis salientables. 

Powered by Drupal - Design by artinet