AS ÁRBORES DE NADAL

Alumnos/as de 3º e 4º de infantil elaboraron estrelas, lúas, botas e corazóns con plastilina e pasta de modelar que logo pintaron con purpurina ou pintura, os de 6º de infantil confeccionaron unhas fantásticas bólas con papel de celofán recheas con papeis de refugallo. Nenos/as  de 3º de primaria fixeron unhas alegres campaíñas con goma-eva e os de 4º de primaria uns bonitos adornos con botóns. Con estes adornos "artesanais" decoramos as árbores de Nadal colocadas na entrada do colexio. Na seguinte presentación podedes ver o resultado:  

 

Os nenos/as de 5º de educación infantil (4 anos) que participan no programa de Voz Natura elaboraron para a súa clase a súa propia árbore de Nadal feita con material reciclable: tubos baleiros de papel hixiénico; respondendo así á proposta do programa de Voz Natura de facer un "Nadal reciclable"

   

Preme no enlace para acceder ao blog do noso horto enmarcado dentro do proxecto de Voz Natura e verás a felicitación dos nosos cativos.

 

 

 Os alumnos/as de 2º de primaria tamén fixeron unha orixinal árbore de cartón que montaron na súa aula:

Tamén dende o departamento de inglés promoveron a confección dunha árbore feita por nenos/as de varios cursos de infantil e primaria a base de bolas decoradas con debuxos e mensaxes de Nadal

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet