FERRAMENTAS DE AUTOR PARA CREAR CONTIDOS DIXITAIS

 

Ardora 6 creación de contidos escolares para a web

Ardora é unha aplicación informática que permite, aos docentes, crear os seus propios contidos web, dun xeito moi sinxelo, sen necesidade de ter coñecementos técnicos de deseño ou programación web.

Con Ardora pódense crear máis de 45 tipos distintos de actividades interactivas: encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc, así como máis de 10 tipos distintos de páxinas multimedia: galerías, panorámicas ou zooms de imaxes, reprodutores mp3 ou flv, etc e sete novas "páxinas para servidor", anotacións e álbum colectivo, líñas de tempo, poster, chat, sistema de comentarios e xestor de arquivos. 

    JClic está formado por un conjunto de aplicaciones informáticas que sirven para realizar diversos tipos de actividades educativas: rompecabezas, asociaciones, ejercicios de texto, palabras cruzadas ...

Las actividades no se acostumbran a presentar solas, sino empaquetadas en proyectos. Un proyecto está formado por un conjunto de actividades y una o más secuencias, que indican el orden en qué se han de mostrar.

El antecesor de JClic es Clic, una aplicación que desde 1992 ha sido utilizada por educadores y educadoras de diversos países como herramienta de creación de actividades didácticas para sus alumnos.

Libros Interactivos Multimedia 

O sistema Lim é un entorno para a creación de materiais educativos, formado por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e  un arquivo en formato XML (libro) que define as propiedades do libro e as páxinas que o compoñen. Ofrece a posibilidade de avaliar os exercicios e controlar os progresos.

Ventaxas:

  • Non é  necesario instalar nada no ordenador.
  • Accesibilidad inmediata dende internet.
  • Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
  • Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada fiabilidade e seguridade.
  • Entorno aberto, basado no formato XML.

 

 

 

eXeLearning é unha ferramenta de autor de código aberto para axudar aos docentes na creación e publicación de contidos web sen necesidade de ser experto en linguaxes HTML ou XLM. Proporciona un sistema fácil para a elaboración de libros dixitais destinados a visualizar. É unha ferramenta moi interesante ao estar especialmente pensada para aquelas situacións nas cales o docente necesite deseñar un recurso didáctico completo en torno a un tema recopilando todo tipo de materiales. O produto final é un libro dixital navegable formado por un conxunto de páxinas onde se integran textos, enlaces, arquivos, imaxes, animacións, audios, vídeos, enquisas, etc.

  • Permite crear unha árbore de navegación básica que facilitará a navegación.
  • Permite escribir texto e copialo dende outras aplicacións.
  • Permite incluír imaxes, pero non é un editor de imaxes como Photoshop ou Gimp.
  • Permite incluír sons, pero deben estar gravados previamente con outra aplicación.
  • Permite incluír vídeos e animacións, pero non permite crealas.
  • Permite incluír actividades sinxelas: preguntas de tipo test, de verdadeiro/falso, de espazos en branco...
  • Permite embeber elementos multimedia como vídeos, presentacións, textos ou audios.
  • Permite incluír actividades realizadas con outras aplicacións.

Hot Potatoes é un conxunto de seis ferramentas de autor que permiten elaborar exercicios interactivos, visualizables como páxinas web estándar,  dos seguintes tipos básicos:

- JCloze - para xerar exercicios con listados de oracións onde hai que adiviñar a palabra que falta.

- JCross - para facer encrucillados. 

- JQuizz - para facer preguntas de tipo resposta corta, múltiple...

- JMatch - para facer exercicios de emparellamentos.

- JMix  - crea exercicios de reconstrución de frases ou paragrafos a partir de palabras desordenadas.

- Esta actividade tamén inclúe o programa The Masher que permite crear unidades completas de actividades (exercicios entrelazados entre sí) e publicar materiais na rede Hot Potatoes.


MALTED é unha ferramenta informática de autor para a creación e execución de unidades didácticas multimedia e interactivas. Esta ferramenta naceu para empregarse na ensinanza de idiomas, aínda que o seu uso pode extenderse a outras materias do currículo escolar. 

O sistema MALTED está integrado por dous entornos de traballo, chamados respectivamente Editor MALTED (DVE) e Navegador MALTED (RTS) :

  • O Editor Malted é un maquetador visual de exercicios e unidades de traballo . Funciona a dous niveis: por un lado, conta con numerosas plantillas que permiten xerar facilmente boa parte dos exercicios usualmente empregados na ensinanza dos idiomas., artellando ademais a incorporación de contidos renovables e modificables, así como de texto, imaxes, gráficos, audio e vídeo e unha aplicació para gravar a voz. Por outro lado, permite organizar as actividades en secuencias lóxicas seguindo un plan de desenvolvemento didáctico.

  • O Navegador Malted permite ver e  completar os exercicios creados, suministrando puntuacións ao verificar as respostas proporcionadas. Además de dispoñer deste visor propio, o programa también puede interactuar coa Rede por medio dun complemento que posibilita a súa presentación en pantalla a través dun navegador web ordinario.

 

Ferramenta de autor que permite a creación de actividades tipo webquest, miniquest e cazas do tesouro sen necesidade de poseer coñecementos de programación. O usuario tamén pode editar ou borrar as actividades realizadas por el.

Powered by Drupal - Design by artinet