CENTRO PLURILINGÜE

CURSO 2017/2018 - WELCOME AUDREY!!

Damos a benvida a Audrey Louise Hunt que será a nosa auxiliar de conversa para este curso. Como xa sabedes dende o curso 2014-15 pertenecemos á rede de centros plurilingües de Galicia e cada ano contamos cunha auxiliar de conversa que apoia na materia de plástica e na materia de lingua inglesa ao profesorado, propiciando principalmente a conversación oral. Concretamente no presente curso apoiará en 1º, 2º, 3º e 4º  de primaria na materia de plástica (que se imparte en inglés) e completará o seu horario apoiando na área de lingua inglesa nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.  

Audrey procede dos Estados Unidos, concretamente da cidade de Charlotte (Carolina do Norte) que ten sobre uns 730.000 habitantes e é un importante centro financieiro. Este é xa o seu quinto ano aquí en Galicia e xa traballou como auxiliar de conversa nun centro de Monterroso (Lugo), na Escola Oficial de Idiomas de Ourense, nun centro da Valenzá e noutro de Seixalbo.

Di que lle encanta Galicia, sobre todo o marisco, a empanada e a súa paisaxe, e que por iso lle gusta andar en bici. Tamén nos comentou que lle encantan os nenos e que quere adicarse ao ensino nun futuro.  

No seguinte mapa podedes ver onde está situada a súa cidade:

 

 

 

Desexámoslle unha feliz estancia dentro da nosa comunidade educativa e esperamos coa súa axuda e colaboración mellorar no coñecemento da lingua e da cultura do seu país.

   

CURSO 2016 /2017 - WELCOME JAMIE!!

Este é o terceiro curso que comezamos como centro plurilingüe e xa se imparte en inglés a materia de plástica nos cursos de 1º, 2º e 3º (cada ano incorporase un curso máis ata que se imparta en inglés toda a materia de plástica en primaria).

A nosa auxiliar de conversa será este ano Jamie Smith que estará presente nas clases onde se imparte plástica en inglés (1º, 2º e 3º) e tamén apoiará ao profesorado que imparte a lingua inglesa nos cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

 

A súa función será fundamentalmente a de reforzar as destrezas orais do alumnado na lingua inglesa como falante nativa da mesma, para iso realizará prácticas de conversa cos alumnos/as e aportará recursos e materiais motivadores. Tamén fomentará o interese do alumnado pola lingua e cultura do seu país (coñecemento de costumes, festividades, comidas, tradicións...).

Jamie procede de Estados Unidos, concretamente do estado de Tennessee e vive na pequena localidade de Oak Ridge que ten sobre uns 27.000 habitantes. Alí estudiou español. Estivo xa en España fai catro anos perfeccionando o seu coñecemento do español e esta é polo tanto, a súa segunda estancia no noso país. Desexámoslle que esta sexa o máis cómoda e agradable posible. O alumnado e o profesorado espera seguir perfeccionando e mellorando o seu nivel de ingés grazas a súa axuda e implicación co centro.  

 

No seguinte mapa podedes ver onde se atopa a súa vila na que está instalado un importante laboratorio nacional estadounidense de multiprogramas de ciencia e tecnoloxía.


 

 

CURSO 2015/2016 - WELCOME SAMANTHA!!

Dende o pasado curso o noso centro está adscrito á rede de centros plurilingües de Galicia. Ser un centro plurilingüe significa ser un centro onde se imparte nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas.

No noso colexio impártese en inglés a materia de educación plástica. Como este é xa o segundo ano de implementación do programa, realízase en 1º e 2º de primaria (cada ano vaise sumando un curso máis ao mesmo). 

Para axudar ao desenvolvemento deste programa contamos cunha auxiliar de conversa, unha persoa nativa que serve de apoio a e posibilita a práctica da conversa oral, proporciona un modelo de corrección lingüística e achega ao alumnado e ao profesorado á cultura do seu país.

 

Dende aquí damos a benvida a Samantha Gilbert  a nosa auxiliar de conversa para o presente curso 2015-2016. Samantha é orixinaria de Cánada, concretamente de Calgary, a famosa cidade onde se celebraron os XV Xogos Olímpicos de Inverno en 1988.

 Desexámoslle unha grata estancia dentro da nosa comunidade educativa e esperamos aprender "un montón de inglés" con ela.

  

 

CURSO 2014 /2015 - WELCOME ERIKA!!

Damos a benvida a ERIKA NIELSEN a nosa auxiliar de conversa para o curso 2014/15.

Erika apoiará as materias e cursos plurilingües: educación artística (plástica e música) en 1º A e 1º B. Ademais completará o seu horario con apoios na materia de lingua inglesa nos restantes cursos de primaria: 2º, 3º A, 3º B, 4º, 5º A, 5º B, 6º A e 6º B. Grazas a este apoio os nenos/as terán a posibilidade de practicar a lingua inglesa cunha persoa nativa e coñecerán aspectos culturais do seu país de procedencia.

Erika procede dos Estados Unidos onde acaba de graduarse na universidade Politécnica do Estado de California.

Vive na pequena cidade de FOREST KNOLLS que está moi preto de San Francisco. No mapa adxunto podedes localizar dita cidade.

 

 


 

Incorporación do centro á Rede de Centros Plurilingües de Galicia no curso 2014/2015

                                         (Incorporación oficial do centro ao programa)                                                 

 

 

(Enlace á páxina oficial de linguas estranxeiras)

        

(Información sobre os centros plurilingües)                   (Información sobre os auxiliares de conversa)

Ao longo deste curso impartirase a materia de educación artística, tanto plástica como música, en lingua inglesa no primeiro curso de educación primaria. O programa complétase co apoio dun auxiliar de conversa. Este auxiliar de conversa, persona nativa, coordinarase coas profesoras que imparten inglés e coa mestra responsable de levar a cabo o proxecto plurilingüe, co fin de posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar ao alumnado e profesorado á cultura do seu país.

Powered by Drupal - Design by artinet