XORNADA DE LECER EN MARCELLE DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil gozou dun marabilloso día no Parque de Marcelle, en plena natureza, o pasado martes 7 de xuño.

Unha viaxe en bus que xa foi unha experiencia para algúns. Un pouco longa , si, pero á que todos e todas se enfrontaban con moitísima ilusión.

Alí fomos recibidos polos monitores e, xa distribuidos en grupos,comezaron a visita.

As profes reunímonos con eles á hora estipulada para o xantar. Foi o momento para repoñer forzas cos apetitosos bocatas que nos prepararon no colexio. E, ao rematar, un tempo de xogo e continuación da visita...

Antes de despedirnos fixemos as típicas fotos de grupo e repuxemos forzas novamente (auga e froita para os máis famentos) para emprender a viaxe de regreso.

Os nenos e nenas viñan entusiasmados, alborotados, encantados da experiencia, pero agotados, tanto que o cansanzo puido con moitos deles e quedaron durmidos ao pouco de emprender o camiño de volta. Un día inesquecible.

Que non teñamos que pasar outros dous anos sen saídas didácticas!!!

Esperamos que disfrutedes vendo as fotos que a continuación presentamos.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet