AXUDAS DO CONCELLO DE OURENSE CURSO 2020-21

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día 19 de xuño de 2020 saiu publicada o extracto da convocatoria para a concesión de Axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e para comedores escolares para o curso 2020/2021.             

Convocatoria realizada polo Concello de Ourense e destinada a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo do Concello de Ourense, que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria do Concello de Ourense, nos que non se segregue aos alumnos/-as por sexo.            

O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende o 22 de xuño ata o 13 de xullo, ambos incluídos.                               

Os requisitos destas axudas ríxense polas bases reguladoras fixadas no Boletín Oficial publicado o 25 de maio de 2019.     

Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información:

 

 -- Boletín Oficial da Provincia do 25 de maio de 2019                                     (bases reguladoras das convocatorias anuais) 
-- Boletín Oficial da Provincia do 19 de xuño de 2020
 - Resumo da convocatoria

Na páxina web do Concello, na área de Asuntos Sociais, tedes máis información:

- ÁREA ASUNTOS SOCIAIS (CONCELLO DE OURENSE)

As solicitudes poden presentarse electronicamente:

- SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE OURENSE 

Ou de forma presencial nos seguintes lugares:

- Rexistro xeral do Concello de Ourense na Praza Maior

- Oficina Municipal da Ponte (Praza de Abastos da Ponte)

Recordade que as axudas do Concello de Ourense para libros de texto e material escolar son para o alumnado de educación infantil.

Powered by Drupal - Design by artinet