Retos Saudables de EF!!

Bo día unha semana máis! Seguimos cos retos, espero que estemos ben nós e as nosas familias e que foran moi ben os que se propuxeron a semana pasada, deste xeito esta semana contamos con: 

  1. Habilidades con papel hixiénico. ¡Con lanzamentos e recepcións con 3 rolos!
  2. Lanzamentos de rolos. Engadindo un punto máis de dificultade, respecto aos da primeira semana.
  3. O xogo das botellas. ¿En que consiste? ¡Teremos que ver o vídeo! Tamén podemos sustituir o papel hixiénico por papel de aluminio. 
  4. Xogo da semana. No que empregaremos vasos de plástico e boliñas de papel de aluminio. 

Espero que o pasedes moi ben intentando superalos, ¡¡unha aperta moi forte!!

Powered by Drupal - Design by artinet