CREACIÓN DE POEMAS EN FAMILIA

Despois de varias manualidades en familia queremos propoñervos desta volta unha actividade de creación literaria.

Que vos parece xuntarvos en familia e crear un poema?

AGARDAMOS AS VOSAS CREACIÓNS!

 

CHARLA DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA 6º DE PRIMARIA

O venres 10 de marzo tivemos a visita de NIEVES, que nos veu a falar dos PRIMEIROS AUXILIOS. Esas actuacións que debemos realizar cando alguén se atopa mal por un accidente, golpe ou esvaecemento.

Falounos da técnica de Heimlich para os atragoantamentos, da posición lateral de seguridade cando alguén está accidentado ou tivo un esvaecemento e da RCP (Reanimación CardioPulmonar) se unha persoa non respira nin lle notamos o pulso.

Algúns voluntarios e voluntarias intentaron facer algunha destas técnicas e comprobaron que non é tan sinxelo como parece, polo que hai que practicalas para facelas ben.

 

 

Unha cousa que nos quedou clara é que temos que cumprir con estas siglas P A S : Protexer - Avisar - Socorrer, para facer unha boa labor de primeiros auxilios.

MOITAS GRAZAS NIEVES!!

 

 

EXCURSIÓN AO PARLAMENTO A AO EDIFICIO DE SAN GAETANO DE 6º DE PRIMARIA

O pasado martes 14 de marzo, o alumndao de 5º e 6º de primaria foi a Santiago de Compostela para coñecer as dúas principais institucións da nosa Comunidade Autónoma: 

- O Parlamento de Galicia e..

- A Xunta de Galicia

No parlamento a visita guiada amosounos diferentes estancias do mesmo, a sala dos reis, a biblioteca, a entrada principal, os despachos dos diferentes grupos políticos... e o hemiciclo. Nel o alumnado sentouse coma se fosen deputad@s autonómicos debatendo o estado da Autonomía.

A continuación acudimos a sede do goberno autonómico, a Xunta de Galicia, onde visitamos diferentes dependencias, entre elas a sala de reunión des Conselleiros e Conselleiras do goberno autonómico, e tamén nos explicaron o proceso e a funcións do persoal que traballa nas diferentes consellerías da Xunta de Galicia.

Aproveitando a viaxe de volta paramos na Fervenza do Toxa, no Concello de Silleda, para observar o salto de auga de máis altura de Galicia, onde aproveitamos para xantar nunha paraxe espectacular... grazas que o tempo acompañou!!!

 

 

  B

ENCONTROS CO AUTOR DO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

O pasado 9 de marzo, o alumnado de 5º acudiu ao Salón nobre do Liceo de Ourense aos "Encontros co autor" organizados pola Concellería de Educación do Concello de Ourense dentro do seu programa de animación á lectura.

Grazas a este programa da Concellería, cada alumno/a de 5º recibiu, de balde, un exemplar do libro "A Gruta da Torre" do escritor lucense Lois Pérez antes do Nadal, e este día, xunto con outros centros educativos da cidade de Ourense, tivemos unha charla - coloquio co autor na que o alumnado plantexou moitas dúbidas, inquedanzas, curiosidades, etc. acerca do libro.

Damos as grazas á Concellería de Educación do Concello de Ourense pola actividade que, realmente foi moi positiva e interesante para o alumnado; que incluso agasallou ao autor do libro con debuxos relacionados co libro e por suposto queremos agradecer a Lois Pérez a súa cercanía e ao seu bo facer á hora de interactuar e "enganchar" ao alumnado.

 

CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA

 

 

Deixámosvos aquí as actividades que se realizaron polo DÍA DE ROSALÍA en 6º de Educación Infantil

 

Polo día de Rosalía temos CALDO DE GLORIA

 

Hoxe celebrouse o DÍA DE ROSALÍA e no comedor tamén quixeron homenaxear o seu día cun menu especial: O CALDO DE GLORIA. Que rico estaba!

 E para que os nenos coñezan os ingredientes tiñan na mesa o manteliño coa receita!

QUEDA AQUÍ TAMÉN UNHA MONTAXE COAS FOTOS DO DÍA

AS CARAUTAS DO ENTROIDO

Deixámosvos aquí as fotos coas carautas que creastes nos fogares para decorar a entrada do colexio.

MENUDAS OBRAS DE ARTE!!

Moitísimas grazas a todos e todas por participar.

   
   
   

CELBRAMOS O ENTROIDO

 

Nas seguintes imaxes podedes ver como se celebrou ou Entroido no centro.

Durante a semana fomos seguindo os MANDADIÑOS DO MECO e os nenos e nenas de 1ºA amósanvos como nos tocou disfrazarnos.

E o venres chegou o día máis esperado. A celebración do ENTROIDO seguindo a temática do MUNDO DA MÁXIA. 

    

   Unha vez feitas as fotos dos distintos grupos comezamos co tradicional DESFILE polo patio.

 

Como en todo DESFILE que se precie, non podía faltar a MÚSICA e para iso contamos coa CHARANGA LIKOR-K grazas á COLABORACIÓN DA ANPA.

 

PREPARANDO O ENTROIDO

 

XA ESTÁ O ENTROIDO Á VOLTA DA ESQUINA E TEMOS QUE PREPARNOS.

DEIXÁMOSVOS AQUÍ A INFORMACIÓN RELATIVA AO DESFILE DO ENTROIDO E Á INICIATIVA DE CREACIÓN DE CARAUTAS PARA DECORAR O COLEXIO.

AGARDAMOS QUE AS ACTIVIDADES SEXAN DO VOSO AGRADO!

    

TAMPOUCO PODEN FALTAR OS MANDADIÑOS DO MECO


Seguimos conmemorando o día da muller e a nena na ciencia

 

Seguindo coa conmemoración do Día internacional da muller e a nena na ciencia, o alumnado de 5 anos tivo o pracer de contar coa visita de Tania ( nai de Olivia), enxeñeira Informática, que traballa de técnica de marcapasos e desfibriladores.

A súa charla foi moi interesante e entretida.

Moitas grazas  Tania!

 

Powered by Drupal - Design by artinet