FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024

Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2023/2024. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

  ORDE COMPLETA DA CONVOCATORIA

  EXTRACTO DA ORDE DE CONVOCATORIA

  ACCESO Á APLICACIÓN FONDOLIBROS

  ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA ONDE SE RECOLLE A   DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  ANEXO I  (solicitude) e  ANEXO II (comprobación membros computables da unidade familiar)

 

 

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

 

 

Para celebrar o DÍA DO DEPORTE NA RÚA que mellor idea que sair ao patio e recordar OS XOGOS POPULARES.

Pasamos un rato moi divertido xogando aos distintos xogos!

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2023

 

 Para celebrar o DÍA DO LIBRO volvemos saír ao patio para realizar a actividade de APADRIÑAMENTO LECTOR na que  os nenos e as nenas maiores lles  leron contos aos máis pequenos e ata algúns dos pequenos se lanzaron a lerlles aos maiores.

Os distintos grupos escolleron o espazo que máis lles gustou para gozar da lectura.

E para rematar puideron apadriñar un ou varios libros que se expurgaron da biblioteca para darlles así unha segunda vida. 

Pero aí non quedou a cousa, tamén houbo intercambio de marcapáxinas de agasallo entre toto o alumnado.

Un día fermoso para ler e escoitar!

 

O alumnado de 4º de visita educativa a GADIS

O alumnado de 4º de Educación Primaria visitou un supermercado Gadis. Esta actividade está enmarcada dentro da proposta educativa ALIMENTES coa que os supermercados Gadis queren achegar ao alumnado á alimentación saudable e ao consumo responsable.

 

 

CHARLAS SOBRE NUTRICIÓN

Ao longo de varios días tivemos no colexio a dúas nutricionistas do centro médico A Ponte, que nos falaron da importancia de alimentarse ben para que estemos ben nutridos e non nos falte ningún nutriente dos que precisa o noso corpo para que realice axeitadamente todas as súas funcións.

Aprendemos moito e xa nos quedou algo máis claro que alimentarse non é igual a nutrirse.

 

 

 

VISITA AO CEE O PINO

O pasado venres día 21, realizamos unha visita ao colexio de Educación Especial de O Pino. Ao longo da mañá desfrutamos da maxia, da música, dos xogos e dunha saborosa  merenda elaborada polo alumnado do centro. Gozamos dunha experiencia inesquecible da que levamos un montón de amigos e moitas gañas de celebrar outra xornada de convivencia similar no noso centro.

CHARLA SOBRE TEA DA FUNDACIÓN POR ELES TEA DE OURENSE

Para conmemorar o DÍA DO  AUTISMO contamos hoxe coa visita  de dúas representantes da ASOCIACIÓN POR ELES TEA para falarnos das persoas que teñen TEA (Trastorno do Espectro Autista).

Axudáronnos a coñecer as súas características, o que lles gusta ou molesta, pero sobre todo trataron de concienciarnos de que todos e todas somos diferentes, pero que temos as mesmas necesidades de socializar.

Pero nós tamén tivemos que aportar un pouco coas nosas dúbidas e preguntas e finalmente os máis pequenos pintaron unha imaxe de ELMER para crear cadaquen o seu Elmer propio e os maiores reflexionaron sobre aquilo no que son bos e aquilo no que precisan axuda. Escribírono nuns post-it e crearon un pequeno mural con eles.

GRAZAS POLA VOSA VISITA!!

 

SIMULACRO DE INCENCIO

Hoxe realizamos no centro un simulacro de evacuación por incendio. Tocou saír do cole sen prisa pero sen pausa para chegar ao punto de encontro e agardar os servizos de emerxencia.

Contamos coa participación dos BOMBEIROS, de PROTECCIÓN CIVIL e da POLICÍA LOCAL.

Unha vez que chegaron ao centro procederon a mostrar como apagarían o lume, pero iso non foi todo. A profe Carmen e Alejandro quedaron atrapados dentro do cole e os bombeiros tiveron que buscalos e rescatalos para poñelos a salvo.

Os nenos e nenas fixérono xenial e todos saiu moi ben.

Despois do traballo tiveron a sorte de entrar no camión dos bombeiros, na ambulacia e incluso no coche da policía. Pasárono moi ben. 

 

 

DÍA DA ÁRBORE - VISITA DE AXENTES MEDIOAMBIENTAIS

 

Os axentes medioambientais vieñeron ao colexio para visitar ao alumnado de 2º.

Explicáronnos en que consiste o seu traballo, proxectáronnos vídeos reais de incendios, animais....e concienciáronnos de como coidar o nos entorno.

Despois vimos o coche coa súa equipación e fixeron simulacros coa emisora.

Para rematar plantamos  unha cerdeira no patio para celebrar o día da árbore.

   

 

 

PREME NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE

Powered by Drupal - Design by artinet