SAÍMOS NOS XORNAIS

Diversas actividades que realizamos este curso foron nova nos xornais, tanto impresos como dixitais. Así o pasado 12 de decembro no suplemento XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN saiu en portada a actividade OBRADOIRO DE PAN DE MILLO que realizaron os pequenos e pequenas de 5º de infantil facía uns días. 

 

No seguinte enlace podedes consultar máis información sobre esta actividade no blog de VOZ NATURA do noso centro:

- PANADEIROS POR UN DÍA

Tamén a saída, compartida con membros do centro residencial de San Amaro, realizada as ruínas do mosteiro de Santa Comba de Naves, ao bosque de Falán e á aldea de A Conchada e na que actuou o historiador Suso Martínez, saíu no xornal LA VOZ DE GALICIA o pasado 02 de novembro (tanto na súa edición impresa como dixital):

 

Edición dixital LA VOZ DE GALICIA:

ENCUENTROS INTERGENERACIONALES 

Esta mesma nova saiu publicada tamén no suplemento XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN o 31 de outubro:

 

E tamén na súa edición dixital: 

UN PASEO CARA ATRÁS 

CONSELLO ESCOLAR 2018-19

                 

 Unha vez celebradas as votacións para a renovación parcial dos membros representantes dos distintos sectores que compoñen o Consello Escolar do centro, podedes consultar a nova composición no seguinte enlace:

 

CONSELLO ESCOLAR 2018-19

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

RECORDAMOS A TODOS OS PAIS, NAIS E/OU TITORES/AS QUE O VINDEIRO MARTES, 27 DE NOVEMBRO, TERÁN LUGAR AS VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO. ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR!!.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"La Declaración sobre la eliminación de la violencia contra la mujer emitida por la Asamblea General de la ONU en 1993, define la violencia contra la mujer como “todo acto de violencia que tenga o pueda tener como resultado un daño o sufrimiento físico, sexual o psicológico para la mujer, así como las amenazas de tales actos, la coacción o la privación arbitraria de la libertad, tanto si se producen en la vida pública como en la vida privada.”

"La violencia contra la mujer sigue siendo un obstáculo para alcanzar igualdad, desarrollo, paz, al igual que el respeto de los derechos humanos de mujeres y niñas. Lo que es más, la promesa de los Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS) de no dejar que nadie se quede atrás, no podrá cumplirse sin primero poner fin a la violencia contra mujeres y niñas".  (sinopse extraída da páxina web da Organización das Nacións Unidas).

Para contribuír a erradicar este grave problema, sensibilizando aos máis pequenos, fixemos no colexio un pequeno acto conxunto o 23 de novembro (por coincidir o día 25 en domingo). Comezamos coa lectura dun pequeno manifesto realizado polos alumnos e alumnas de 6º de primaria, logo en dous turnos, cantamos e bailamos as cancións "LA PUERTA VIOLETA" de ROZALÉN e "DÉJALA QUE BAILE" de MELENDI con ALEJANDRO SANZ e ARKANO, cancións cuxas letras expresan o seu rechazo a estos actos violentos e defenden a liberdade da muller. Un pequeno acto emotivo no que os nenos e as nenas sentiron unha vez máis a alegría de estar xuntos convivindo en igualdade. 

Deixámosvos as imaxes dos dous momentos vividos:

Nenos e nenas de 1º, 3º, 4º, 5º e 6º

 

Nenos de nenas de Educación Infantil e 2º de primaria

 

 Enlace ás cancións en  youtube:

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018/19

 

Proclamados pola Xunta Electoral os candidatos aos distintos sectores, informamos na nota adxunta da relación dos candidatos presentados para a renovación dos pais/nais no Consello Escolar. Así mismo informamos do día e horas en que terá lugar a votación e das normas a seguir:

 

  

Premendo no seguinte enlace podedes descargar a papeleta de votación:

PAPELETA VOTACIÓN ELECCIÓN PAIS/NAIS PARA CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO 

DÍA UNIVERSAL DO NENO

No DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA (20 de novembro), recordamos os DEREITOS DE TODOS OS NENOS E DE TODAS AS NENAS.

Picade en cada número para ler un resumo de cada dereito.

MAGOSTO 2018

O pasado 9 de novembro celebramos o tradicional MAGOSTO no colexio. Comezamos cun xantar típico destas datas no comedor (o tempo estaba moi inestable e o chan mollado, co cal era complicado xantar fóra como fixemos en anos anteriores). Xa no patio acendemos a tradicional fogueira e asamos unhas riquísimas castañas e para rematar, como non, tisnar as caras e as mans coa cinsa e cos tizóns e correr detrás dos compañeiros e dos profesores para coller a alguén desprevido e lixalo o máximo posible.  A pesares do tempo, resultou unha xornada divertida para os nenos e nenas, profesores e coidadores que disfrutaron todos xuntos dun día especial. 


EXPOSICIÓN: AS CORES DO OUTONO

Solicitamos unha vez máis a colaboración de todas as familias para a realización do noso proxecto anual "ENTRE SALGUEIROS, BIDUEIROS E CARBALLOS". Se fai uns días vos animamos a acompañarnos á visita do bosque de Falán e á Conchada, agora pedimos a vosa colaboración para a exposición "ACORES  DO  OUTONO", na que tratamos de que os nenos e nenas observen os cambios propios desta estación e a súa variedade de cores. Exposición que se completa co concurso de fotografía do que xa vos demos conta nunha nova anterior. 


TAMÉN UNHA VEZ MÁIS DAMOS DE ANTEMÁN AS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Un ano máis seguimos apostando polo proxecto de MeteoEscolas e xa temos aquí a nova convocatoria do concurso de fotografía, MOITO OLLO... AO METEORO! este ano cunha novidade: faremos tres convocatorias ao longo do curso, unha por cada estación do ano (outono, inverno e primavera). Con elas pretendemos que os nenos/as se fixen nos cambios da paisaxe ao longo de cada estación. Podedes consultar as bases no seguinte cartel. 

 

 Animádevos a participar! 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018/19

Este curso, e tal e como marca a normativa vixente, procederase á renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro.

Unha vez realizado o sorteo e xa designadas as persoas que forman parte da xunta electoral, estas xa fixeron  público o calendario polo que se rexirá este proceso. Calendario que podedes consultar picando no seguinte enlace:

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 

 

Segundo este calendario,  xa está aberto o prazo para presentar as candidaturas de cada sector (do 08 ao 14 de novembro). Animámos a todos os pais e nais a que presenten a súa candidatura. É importante que os pais e nais estedes representados no Consello Escolar para estar informados de todo o que sucede no centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo coas vosas propostas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet