Directrices sobre o uso de máscaras

Deixámosvos aquí as novas directrices sobre o uso de máscaras, publicadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública.

 

Convocatoria axudas para libros de Educación Infantil e comedores escolares da Concellería de Asuntos Sociais de Ourense

 

A Concellería de Asuntos Sociais do concello de Ourense abre a CONVOCATORIA para a petición de axudas de libros de educación infantil e comedores escolares para o curso 2022-23.

A axuda vai destinada a aquelas familias nas "− Que a capacidade económica anual non exceda de 4.000 euros por membro da unidade de convivencia (renda per capita) para as axudas de libros e material escolar, e de 3.700 euros por membro, para as axudas de comedor.

 

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 18 de abril ao 6 de maio, ambos os dous incluídos.

 

As instancias pódense recoller na Oficina de Atención Cidadá (Praza San Martiño 2-Baixo), nas oficinas municipais da Rúa Bispo Carrascosa 8 e en todas as UNIS de Benestar Social.

 

Toda a información destas axudas pódese consultar na páxina web do Concello de Ourense

https://www.ourense.gal/gl/actualidad/o-concello-abre-ate-o-6-de-maio-o-prazo-para-solicitar-as-axudas-para-libros-e-comedores-escolares

E na sede electrónica do concello onde tamén atoparán os anexos que hai que cubrir.

https://sede.ourense.gob.es/public/catalog-detail/62353340

 

É imprescindible encher e asinar correctamente os Anexos I, II e III

 

ADMISIÓN E MATRÍCULA: Listaxe provisional de admitidos.

 

 

Todos os nenos e nenas que solicitaron a admisión no centro están admitidos/as.

 

A información contida nas listaxes provisionais de admisión só pode facerse pública:

  •  Presencialmente: Unica e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  •  Telematicamente: Unica e exclusivamente a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

 A publicación definitiva das listaxes será antes do 15 de maio de 2022.

 O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2022

CONMEMORAMOS O DÍA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O día 2 de abril conmemorábase o Día de Concienciación sobre o autismo e no colexio tamén quixemos concienciar ao noso alumnado. Saimos todos ao patio para formar o símbolo do infinito, ler un manifesto e máis actividades que podedes ver no seguinte vídeo.

 

TEMOS PREMIADA E DIPLOMADOS NO COLEXIO!

 

O alumnado de 3ºA e 3ºB participou no concurso de debuxo relacionado co tema "Un feliz viaje por la vida"  promovido pola Asociación  POR ELES T.E.A. de Ourense, para dar visibilidade e sensibilizar poboación en xeral sobre o Trastorno do Espectro Autista.

O concurso consistía en realizar un debuxo ou un breve relato, onde o alumando podía plasmar o significado que ten para él ou ela, a felicidade.

Como premio podían conseguir unha tablet.

A gañadora da tablet foi: MARISA BOÁN polo seu debuxo,  e os e as demais participantes da clase recibiron un diploma.

 

 

 

 

  

 PODES VER AS IMAXES MÁIS GRANDES SE PREMES NELAS

A SEMANA DA SAÚDE EN EDUCACIÓN INFANTIL

 

Na semana do 4 ao 8 de abril celebramos no colexio a “Semana da Saúde”, consistente na realización de talleres relacionados con hábitos de alimentación saudable. Estas actividades están promovidas polo Concello pola nosa participación no Programa SI, de Saúde Integral.

Comezamos o luns co alumnado de educación infantil, que participou nos seguintes:

 -3 anos: taller de froitas

 -4 anos: taller de iogur

 -5 anos: taller de minipizzas

Primeiramente atenderon una pequena explicación das monitoras, despois puxéronse “mans á obra”, e finalmente degustaron as súas elaboracións. MMmmmm!!!!

O martes recibimos a tan ansiada visita de CARDIO, que saudou e bailou con todos e todas. Ademais agasallounos cunhas “gominolas saudables” , feitas con zume de froita natural. Todos disfrutaron enormemente con esta visita coa que soñan durante todo o curso.

 E remataron cun contacontos que versaba sobre as emocións (outro dos temas que se traballan no programa). Neste conto titulado “5 ENFADOS” un neno chamado Carlos estaba moi enfadado, irritado, alporizado…por 5 motivos:

 1.-porque papá non lle mercaba un xeado

2.-porque mamá non tiña tempo para xogar con el

3.-porque a súa irmá rompéralle o seu xoguete favorito

4.-porque tiña que deitarse cedo

5.-PORQUE SI!!!!

Logo de consultar con varias bruxas, todas lle deron a mesma receita: coller aire fortemente polo nariz , expulsalo pola boca e contar ata 10. E así foi como Carlos aprendeu a controlar os seus enfados.

 A continuación podedes ver as fotos destes días.

O alumnado de 5º e 6º participa nunha charla sobre a seguridade en Internet

Hoxe veunos visitar un Policía Nacional para falarnos do importante que é que teñamos coidado cando andamos na Internet.

Falounos de que hai que ter moito coidado cos datos privados que compartimos consciente e inconscientemente na rede. Que debemos crear contrasinais seguras para todas as nosas contas. 

Tamén nos falou do Ciberacoso e da importancia de informar aos adultos de confianza do que está a pasar tanto se nolo fan  a nós mesmos, como se sabemos que llo están a facer a outros.

A charla de hoxe solicítamola a través do Plan Director. E se serviu para que repensen o que fan nas redes e vaian sendo un pouco conscientes do coidado que deben ter, cremos que logramos o noso propósito.

Intenet non é malo, pero ás veces facemos un mal uso del e iso pode derivar en preocupacións e agobios.

Tede coidadiño na rede!

 

 

O alumnado de 2º de primaria recibe a visita de axentes forestais

O pasado venres 25 de marzo, e dentro das actividades levadas a cabo no noso centro, o alumnado de 2º de primaria asistiu a unha interesante charla impartida por axentes forestais do distrito de Ourense no que diron a coñecer a labor que realizan máis alá da de extinción de incendios: vixianza, limpeza e desbroce de montes e camiños, reforestación, conservación, etc.

O alumnado participou activamente e concienciouse, máis se cabe, da importancia do coidado da natrueza en xeral e dos montes en particular...

Para rematar amosáronnos o funcionamento dunha motobomba de prantamos unha cerdeira!!!!

Agora seica queren ser todos e todas axentes forestais cando sexan maiores!!!

Grazas a Ricardo e Daniel e á Delegación Territorial da Consellería de Medio Rural por esta interesante actividade!

 

   

O RATIÑO PRESUMIDO

 

Con motivo do Dia Internacional das Mulleres 8M, o grupo Trinketrinke teatro representou no salón de actos do colexio unha versión do conto tradicional "A ratiña presumida", no que se fomentan os estereotipos de xénero e as ideas sexistas, dun xeito diferente.

Nesta actividade, á que asistiron os alumnos e alumnas de educación infantil, dáselle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño -o rato Fuco- que disfruta cantando e limpando a súa casa, e para visibilizar a unhas mulleres empoderadas -neste caso animais- que non teñen ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer elas o matrimonio ao ratiño.

O contacontos foi moi aplaudido polo alumnado e profesorado asistente, e serviunos para traballar a idea de que "todos somos iguais e podemos facer as mesmas cousas"

 

   

Powered by Drupal - Design by artinet