CAMAPAÑA AGASALLO DE LIBROS Á RAPAZADA - CONCELLO DE OURENSE

Campaña do Concello de Ourense para agasallar cun libro a todos os nenos e nenas nados dende o 1 de xaneiros de 2006.

LIGAZÓN PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

 

 

Comeza o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2024-25 coa reserva de    praza nos centros de adscrición.

Do 15 de xaneiro ao 05 de febreiro o alumnado  de 6º de primaria que desexe continuar os seus estudos no IES EDUARDO BLANCO AMOR (centro ao que está adscrito o noso centro), debe presentar o impreso de solicitude de reserva de praza

 

a) na secretaría do centro     

b) por vía telemática

 

A solicitude de admisión pode cubrirse por vía telemática na páxina web www.edu.xunta.gal/admisionalumnado  no apartado Solicitudes - Reserva - Crear.

 

Feito iso poden optar por:

  • Imprimir dito formulario e entregalo na secretaría do noso centro.
  • Presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación, se dispoñen de certificado dixital ou Chave365.


Tamén poden descargar o Impreso de solicitude ou solicitalo no centro, para cubrilo a man e entregalo posteriormente en secretaría.

 

 

ENQUISA PARA A POSTA EN MARCHA DUNHA ESCOLA DE PAIS /NAIS

Dende a ANPA proponse a creación dunha escola de pais/nais.

Entrade no seguinte cuestionario e seleccionade as temáticas que poden ser do voso interese, para que se den charlas ou conferencias no centro.

 </

CONMEMORACIÓN DO 25N...2023

O venres conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero. Decoramos o centro, pedimos que o alumnado viñese cun pano morado na cabeza e despois do recreo celebramos un acto no patio.

Neste acto leron tres alumnos/as de 5º de primaria un manifesto e ao rematar todos os cursos cantaron e bailaron unhas cancións que prepararon na aula coa profe Maite e o seu profesorado.

Fixérono xenial!!

Agardamos que esta conmemoración lles permita ver que a sociedade precisa un cambio, para que ningunha muller máis sufra a violencia de xénero.

         

 

Powered by Drupal - Design by artinet