PROCESO DE MATRÍCULA COMEDORES (MADRUGADORES OU XANTAR)

Dende o Concellería de Educación do Concello de Lugo, e a empresa concesionaria dos servizos de xantar e madrugadores, informannos que todas as persoas interesadas en reservar praza no servizo de madrugadores ou comedor para o vindeiro curso, terán na web municipal
http://concellodelugo.gal/es/actuaciones/servicio-municipal-de-comedores-escolares
toda a información relativa para o proceso de inscrición a partir de mediados do mes de xullo, ata o 20 de agosto, para aqueles usuarios que queiran empezar no mes de setembro. Os usuarios que queiran comenzar calquera outro mes bastará con darse de alta antes do día 22 do mes anterior o que queiran comenzar. 

 

ALBEIROS CON UCRANIA

O alumnado do centro participou nun mural colaborativo contra a guerra. Premendo na seguinte imaxe accédese ao blog da biblioteca onde se poderá visualizar o vídeo.

BO NADAL

Premendo na imaxe poderá ver a felicitación de Nadal do CEIP Albeiros.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO CON DEREITO A MÁSCARAS 2021-2022

Segundo establece a Orde do 28 de outubro de 2021, publícase no taboleiro interior do centro, a relación provisional de alumnado con dereito a máscaras.

Non hai alumno excluido deste procedemento.

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS 2021-2022

Alumnado destinatario:

1. O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 (os que recibiron o cheque de 50€).

2. O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Forma de presentación da solicitude:

  • Unicamente de forma presencial no centro educativo no que este matriculado o/a alumno/a.

PRAZO:

Do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

Alumnado exento de presentar solicitude

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.

Toda a información AQUÍ

Distribuir contido