Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Agosto 25, 2021
Start: 25/08/2021 17:27

 

inicio do curso escolar 2021/2022 terá lugar o xoves 9 de setembro, conforme ao calendario escolar publicado pola Consellería de Educación na Orde do 19 de maio de 2021.

Nos próximos días iremos concretando como se desenvolverá a chegada nesa primeira xornada, que previsiblemente non diferirá moito de como rematamos o curso.

Seguiremos mantendo os grupos de convivencia estable (burbullas) e as entradas diferenciadas para transportados e non transportados (estes últimos cos dous accesos para infantil e primaria).

As familias do alumnado de 4º de Ed. Infantil (3 anos) serán informadas de como se desenvolverá o período de adaptación cando estea definido.

A entrega dos Vales de Material (1º a 6º de primaria) e Vales para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria), do alumnado beneficiario da convocatoria para este curso producirase durante os días previos ao inicio do curso.

O reparto dos libros do Fondo Solidario de Libros de Texto para o alumnado beneficiario realizarémolo internamente na escola como o pasado curso, como medida de prevención da COVID-19.

 

Start: 25/08/2021 17:54

 

O noso centro desenvolve, en asociación co CFR de Pontevedra, o CEIP Plurilingüe de Carballedo, o CEIP Plurilingüe de Nantes e o CEP Plurilingüe Riomaior un proxecto Erasmus + encamiñado á mellora da xestión dos centros educativos e a innovación educativa.

Aínda que comezou no curso 2019/2020 e estaba proxectado para unha execución de dous anos, atópase actualmente prorrogado por mor da pandemia, e á espera de que se poidan realizar as mobilidades programadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut