Mellora Biblioteca Escolar

Proxecto de Mellora da Biblioteca Escolar

LIBRO DOS INVENTOS

No mes da ciencia en galego, ademais de realizar experimentos, investigamos sobre algúns INVENTOS.

Neste libro xigante recopilamos TODOS OS INVENTOS traballados:

  • 4º infantil____ BICICLETA
  • 5º infantil____ BARCO
  • 6º infantil____ TREN
  • 1º primaria ____ TELÉFONO
  • 2º primaria ____ TELEVISIÓN
  • 3º A primaria ____ IMPRENTA
  • 3º B primaria ____ GALILEO, GALILEI
  • 4º primaria ____ FUTBOLÍN
  • 5º primaria ____ FREGONA
  • 6º primaria ____ LÁMPADA

Se queredes ver o libro con detalle, vinde á nosa Biblioteca e botádelle unha ollada.

 

Experimento: EXPLOSIÓN DE CORES

Novembro foi un mes cheo de CIENCIA.

O alumnado andivo a facer experimentos e máis experimentos.

Aquí tedes o grupo de 1º de primaria realizando unha EXPLOSIÓN DE CORES. Como? Mirade, mirade!!!!

 

Experimento: NAVE ESPACIAL

Desde o patio do CEIP Plurilingüe A GÁNDARA acaba de saír un cohete cara o espazo!!!!

Esta nave espacial foi creada polo grupo de 3ºB.

Quen sabe se esta nova chega ata a NASA e no futuro reciben unha oferta de traballo? 

 

Experimento: OS CARAVEIS SEDENTOS

O mes da Ciencia deu moito de si.

O grupo de 2º conseguiu TINGUIR uns CARAVEIS BRANCOS.

Como o fixeron? Escoitade a súa detallada explicación.

 

 

Experimento: VOLCÁN

Nas illas Canarias hai un volcán que entrou en erupción e aquí, no areeiro do noso cole, houbo explosións volcánicas producidas polo alumnado de 6º de infantil (5 anos).

Non vos enterastes? Pois os berros escoitáronse desde moi lonxe.

Queredes ver como fixeron este experimento? Clicade no seguinte vídeo.