Hoxe celébrase o dia Internacional da Muller Traballadora, e dende a biblioteca do centro non podemos esquecer esta data para recomendar fermosas lecturas que promovan a igualdade entre todas as persoas.
Esperamos que vos gusten.
Onte, día 23 de febreiro de 2022, celebramos o día de Rosalía de Castro conmemorando a data real do seu nacemento, tal e como recolle recente información.
Para este festexo, levamos a cabo numerosas actividades ao longo da semana:
- Plantamos pensamentos no noso horto escolar (as flores favoritas de Rosalía).
-personalizamos marcapáxinas e escoitamos os poemas musicalizados que traian nos códigos QR.
Aquí chega unha nova entrega de BOOKTUBERS con libros que lles entusiasman. Agardamos que vos gusten.
BAMBÚ EL KOALA
MARILUZ AVESTRUZ
O ÚLTIMO CANTO
Ideas para agasallar en Nadal!!
FELICES FESTAS!!!!
A comunidade educativa do CEIP A GÁNDARA quere felicitar o Nadal dun xeito moi persoal. Olla a postal a través da ligazón e preme nas diferentes estrelas para poder desfrutar das orixinais felicitacións dos diferentes grupos e do persoal do centro.
Agardamos que vos gusten. BO NADAL E FELIZ ANINOVO!
https://www.canva.com/design/DAEytipHbn4/1x-k9_J2B6taj-Pj4RWYBQ/view?utm...