No noso centro organizámonos tendo en conta o Decreto 374/1996 do 17 de outubro e a Orde do 22 de Xullo de 1997 pola cal se regula a organización e funcionamento dos centros de Educación Infantil, centros de Educación Primaira ou centros de Educación Infantil e Primaria. A Lei 3/2020 do 29 de decembro, o Decreto 330/2009 do 4 de xuño polo cal se establece o currículo básico en Educación Infantil e o Decreto 105/2014 do 4 de setembro polo cal se establece o currículo básico de Educación Primaria na nosa Comunidade Autónoma.
Así neste apartado teredes unha breve explicación dos nosos horarios, a composición dos órganos de goberno e dos órganos de coordinación docente.