Biblioteca

Experimento: EXPLOSIÓN DE CORES

Novembro foi un mes cheo de CIENCIA.

O alumnado andivo a facer experimentos e máis experimentos.

Aquí tedes o grupo de 1º de primaria realizando unha EXPLOSIÓN DE CORES. Como? Mirade, mirade!!!!

 

Experimento: NAVE ESPACIAL

Desde o patio do CEIP Plurilingüe A GÁNDARA acaba de saír un cohete cara o espazo!!!!

Esta nave espacial foi creada polo grupo de 3ºB.

Quen sabe se esta nova chega ata a NASA e no futuro reciben unha oferta de traballo? 

 

Experimento: OS CARAVEIS SEDENTOS

O mes da Ciencia deu moito de si.

O grupo de 2º conseguiu TINGUIR uns CARAVEIS BRANCOS.

Como o fixeron? Escoitade a súa detallada explicación.

 

 

Experimento: VOLCÁN

Nas illas Canarias hai un volcán que entrou en erupción e aquí, no areeiro do noso cole, houbo explosións volcánicas producidas polo alumnado de 6º de infantil (5 anos).

Non vos enterastes? Pois os berros escoitáronse desde moi lonxe.

Queredes ver como fixeron este experimento? Clicade no seguinte vídeo.

 

Experimento: AREA MÁXICA

Estamos en novembro, MES DA CIENCIA.

Paula, alumna de 6º de Primaria, realiza este experimento "máxico" con 3 ingredientes: fariña, aceite e tinte rosa.

Como goza da súa creación!!!!