Que mellor maneira de festexar o DIA DAS LETRAS GALEGAS que lendo un libro!
Aquí van unhas recomendacións para as nenas e nenos de Infantil e Primaria (en orde, de esquerda a dereita, de menor a maior idade).
O coelliño branco
El pollo Pepe
Quen vén esta noite?
¿Qué bigotes me pasa?
Maruxa
La bruja Pampurrias
A que sabe a Lúa?
Ruidosa
A cazadora de estrelas
El club de los raros
Subnormal
Querido hijo: estamos en huelga
Este mural de LERFLIX podédelo ver (cos resumos no interior de cada libro) na entrada ao colexio.
Durante a Semana do Libro, as diferentes clases do CEIP Plurilingüe A Gándara organizaron contacontos para lerse uns aos outros. Todos os grupos desfrutaron desta actividade e puideron escoitar aos seus compañeiros contando diferentes historias. A continuación, deixámosvos un pequeno vídeo de mostra das sesións.
Que boa acollida tivo o intercambio de libros entre os alumnos e alumnas do cole! Foi moi interesante darlle unha segunda vida a todos estes contos! Grazas as familias por colaborar nesta actividade de fomento da lectura!
A bibliopatio tivo moi boa acollida ao longo de toda esta semana adicada especialmente á lectura.
Tanto no patio de Infantil como no de Primaria estiveron dous carros cheos de bonitos contos!