Estimadas familias:
Desde hoxe mesmo, día 11 de xaneiro, e ata o día 8 de febreiro, as familias do alumnado de 6º de Educación Primaria podedes solicitar RESERVA DE PRAZA no IES RÍO CABE, instituto ao que está adscrito o noso centro.
Pódese cumprimentar a solicitude de xeito manual ou a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, seguindo o menú: Solicitudes> Reserva> Crear.
Esta solicitude deberase presentar no CENTRO EDUCATIVO DE ORIXE (no noso) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferida de presentación.
Aquelas familias que prefirades cubrir a solicitude en papel, poñédevos en contacto con nós, no teléfono ou ABALAR, e enviámosvos o formulario a través do alumnado.
Estimadas familias:
A continuación publicamos o calendario de renovación de membros do Consello Escolar, e incluímos como adxuntos a documentación na que se especifica o proceso e a papeleta na que se han de presentar as candidaturas. Papeleta que tamén podedes recoller no centro ou solicitar que vola enviemos a través de Whastsapp.
Grazas anticipadas!
Só o alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria deberá adquirir libros de texto para o próximo curso.
Os responsables do alumnado de 3º curso de Educación Primaria que, unha vez publicadas as listaxes definitivas de Fondo Libros, non estea incluído nas mesmas, recibirá notificación individual do material a adquirir.
Estimadas familias:
Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas do FONDO LiBROS.
A solicitude pode realizarse de xeito presencial ou telemático.
Tedes toda a información no seguinte enderezo:https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Se tedes algunha dúbida, por favor, poñédevos en contacto co centro.