Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR CORONAVIRUS COVID-19

 

A Consellería de Educación, Universidade e FP  convoca unha liña de axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola devandita Consellería, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 (Orde do 27 de marzo de 2020).

Poderán beneficiarse da axuda aqueles usuarios de comedor que comen gratis  ou pagan  1 € diario á administración polo servizo de comedor con data 31 de xaneiro de 2020. Prazo: ata o 6 de abril.

 

INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS COMEDOR ESCOLAR CORONAVIRUS COVID-19

 

A Consellería de Educación, Universidade e FP convoca unha liña de axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e FP, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 (ORDE do 27 de marzo 2020, DOG 30 de marzo de 2020).

A quen vai dirixida?

A usuarios de comedor que comen gratis ou pagan 1€ polo servizo de comedor (empregarase a relación de alumnado con data 31 de xaneiro de 2020).

 En que consiste a axuda?

No pago de: - 2,50 €/día, no casos de alumnado con gratuidade total

- 1,50 €/día, para o alumnado que paga 1€

 Que días cobre a axuda?

Dende o 16 de marzo ao 3 de abril (14 días)

Prórroga: No caso de prolongarse a situación calcúlanse 14 días lectivos ata o 1 de maio.

 Como se vai efectuar o pago?

A través de conta bancaria en 2 pagamentos:

1º pagamento: polo período ata Semana Santa

2º pagamento: polo período ata o 1 de maio, se houbese prórroga

 Cando podo solicitala?

Dende o martes 31 de marzo ata o luns 6 de abril.

 Como podo solicitala?

NUNCA de maneira presencial.

1. A través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o formulario dispoñible.

É preciso dispoñer de chave 365 ou DNI dixital.

2. Se non podedes empregar esta vía, podedes solicitala a través da Dirección do colexio:

- Enviando un correo electrónico ao centro ceip.agandara@edu.xunta.es, ou un WhatsAAp 650743442 ou por teléfono 982870563 proporcionando os  seguintes datos:

  • DNI do solicitante (pai, nai ou representante legal do alumno/a).
  • Pagamento: indicar se é beneficiario de gratuidade total ou abono de 1€.
  • Nome dos alumnados usuarios do comedor.
  • Nome do pai, nai ou representante legal do alumnado.
  • Número de conta bancaria con IBAN (en total 20 díxitos).

 

NOTA: Pregamos que, na medida do posible, realizades a solicitude a través da sede electrónica porque son as familias as que solicitan a axuda.

 No caso de non ser quen de realizar a xestión pola vosa conta e se necesitades axuda, pregamos nolo comuniquedes antes do venres, 3 de abril para que nos dea tempo de xestionar a solicitude e de saber se alguén non recibiu a información.