CEIP Plurilingüe A Gándara

Órganos de Coordinación Docente

 

Día Internacional da Muller 2020/2021

O primeiro paso para garantir a igualdade entre homes e mulleres está na educación. Por iso, dende o centro, traballamos TODOS OS DÍAS, non son o 8 de marzo, por unha sociedade máis xusta, na que teñen cabida todos e todas. 

Día de Rosalía de Castro 2020/2021

Rosalía de Castro non so foi unha gran poetisa e novelista senon unha gran defensora do pobo galego, e como tal quixemos recordala no seu día con este poema que recitaron os nosos alumnos/as. 

 

Día da Non violencia e da Paz 2020/2021

Dende o CEIP A Gándara dicimos Non a Violencia con este baile. Como di a canción, móvete e non perdas tempo con pelexas. 

Nadal 2020/2021

Este ano, por mor da covid, non puidemos celebrar o nadal como nos gustaría con todos os nosos nenos/as. Aínda así non podiamos deixar pasar o día sen festexalo, aínda que fose dun xeito diferente. Asique dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxeron facer un festival diferente pero non por iso menos especial. Aquí vos deixamos o resultado.