Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fixeron un percorrido por Quiroga para coñecer máis sobre a súa historia e etnografía.
Primeiro, paramos a merendar neste marabilloso miradoiro de San Clodio, dende o cal puidemos observar as montañas do Courel.
Logo visitamos o museo xeolóxico de Quiroga, onde puidemos coñecer máis sobre os animais que habitaron a Terra hai moitos, moitos anos. Incluso tivemos a sorte de coñecer a Elba, unha muller prehistórica que habitou no Courel hai moitos anos, e cuxos restos foron atopados alí.
A segunda visita, ao museo etnográfico, permitiunos aprender moito sobre a historia de Quiroga e os oficios que existían antigamente. Ata puidemos ver como eran antes as escolas!
O pasado martes día 21 foi o DÍA DA ÁRBORE e celebrámolo plantando unhas cantas árbores . Queremos lembrar a importancia de cuidar as superficies arboladas e os boques e tamén nos gusta coidar o cole e telo bonito. Podedes ver un vídeo picando na seguinte ligazón : https://youtu.be/rmIqwFsQ4Hw
P
Na tarde do mércores, 8 de marzo de 2023, o alumnado de 5º de primaria acercouse á aula de 4º de infantil (3 anos) a lernos o conto: O LIBRO DOS PORCOS. Este conto axudounos a reflexionar sobre a igualdade na realización das tarefas do fogar. Foi un tempo especial de convivencia entre distintos niveis.