blogue deCristina

Entrega de premios do CERTAME DE POESÍA DE NADAL

O mércores, 15 de febreiro, tivo lugar a entrega de premios do "Certame de Poesía de Nadal" no que participaron varios alumnos e alumnas do CEIP A Gándara, sendo agasallados Alejandro e Darlyn de 4º de Primaria. Noraboa!

BÚSCASE MASCOTA PARA A BIBLIOTECA!

CONTACONTOS: YOLANDA CASTAÑO

Mañá luns, 30 de xaneiro, temos o pracer de recibir a visita da escritora Yolanda Castaño.

Puidendo desfrutar da historia do seu libro: "Coller as rendas".

A BIBLIOTECA DO COLE ABRE AS SÚAS PORTAS!

Temos o pracer de comunicarvos que, desde este luns, a nosa biblioteca abriu as súas portas!

Lembrade que os préstamos de libros son por 15 días e cun máximo de dous exemplares.

A desfrutar da lectura!

GRILANDAS E BELÉN 100% ECOLÓXICOS

Neste Nadal, o alumnado do CEIP A Gándara decorou o colexio dunha maneira moi ecolóxica. Xa que empregou material reciclado, puidendo dar unha segunda vida a estes. E vaia se quedaron bonitas as grilandas feitas por cada clase e o Belén coa base de chapas! Mirade!