Presentámosvos a edición dixital do libro de receitas elaborado polo alumnado do segundo ciclo de Educación Primaria:
O alumnado de 4º de Educación Primaria estivo realizando diversas actividades relacionadas co día Internacional contra a Violencia de Xénero durante estes días.
Despois de reflexionar sobre esta temática, chegaron á conclusión de que a mellor fórmula para erradicar esta lacra é camiñar cara unha educación en igualdade.