Skip to Content

Axudas para libros de texto e material escolar 2019-20.

Ata o día 21 de xuño (incluído) está aberto o prazo de solicitude das axudas de libros de texto e de material escolar para o curso escolar 2019-20, segundo se recolle na Orde do 3 de maio de 2019 (DOG do 20 de maio) que regula as distintas modalidades de gratuidade solidaria de libros de texto para o vindeiro curso 2019-20: a participación no fondo solidario, as axudas para adquirir libros de texto e as axudas para adquirir material escolar.

Todas as familias de 3º, 4º de E.P. poderán solicitar acollerse ao fondo solidario de libros de texto (banco de libros) regulado na Orde do 3 de maio. 

O alumnado E-Dixgal (5º e 6º EP) está exento da participación no fondo solidario de libros. Non obstante, ten dereito á axuda para adquirir material escolar, así como as establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reune os requisitos establecidos na devandita orde.

As familias de 1º e 2º de E.P., que non superen os 9.000 € de renda per cápita no ano 2017, poderán solicitar as axudas para a adquisión de libros de texto (vale), así coma as do alumnado de E. Especial e as do alumnado regulado nas disposicións adicionais primeira e segunda da citada Orde.

Todas as familias do alumnado de E. Primaria que non superen os 5.400 € de renda per cápita no ano 2017 poderán solicitar as axudas para a adquisición de material escolar (vale). O alumnado en situación de acollemento, de E. Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

As solicitudes poderán presentarse vía electrónica a través da aplicación FONDOLIBROS empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica. Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 21 de maio ao 21 de xuño (ámbolos dous inclusive) 

 

MOI IMPORTANTE: tanto para solicitar as axudas como para acollerse ao fondo solidario é obrigatorio devolver no centro os libros correspondentes ao Fondo Solidario utilizados no presente curso antes do 21 de xuño do 2019

 

Para máis información preguntar na secretaría do centro



page | by Dr. Radut