Skip to Content

ACTUALIZACIÓN NORMAS COVID

Novidades COVID.

Pincha nos seguintes documentos adxuntos.

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

Saíu publicada no DOG no día de hoxe a Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras para o alumnado de educación primaria. 

Podedes pinchar na orde o se preferides ver os documentos adxuntos (orde e anexos para cubrir).

Observacións:

  • Ao alumnado que tivo  axudas de material escolar da Xunta no presente curso, as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude.
  • Unicamente terán que formalizar a solicitude os alumnos que reúnen os seguintes requisitos:

1.    

Que pertenza a  familias cunha renda  per cápita igual ou inferior a 6000 € (exercicio fiscal 2019).

2.    

Que estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

 

A forma de presentación da solicitude é unicamente de forma presencial no colexio (do 15 ao 26 de novembro).

* O formulario de solicitude está dispoñible nos documentos adxuntos, na sede electrónica da Xunta de Galicia, no portal educativo e no CEIP Plurilingüe A Fraga.

SAMAÍN NA FRAGA

       

 

                                   

 

CELEBRANDO O NOSO SAMAÍN. QUEREMOS AGRADECER Á ANPA MEDOÑAS O SEU AGASALLO.

Semana terrorífica na Fraga

       

 

Durante esta semana no CEIPP A Fraga teremos momentos terroríficos e tamén  contos especiais sobre o Samaín. Queremos agradecer a Laura e a Iria o agasallo que nos trouxeron e ben seguro imos gozar.

Día das bibliotecas

 

Hoxe 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. O noso amigo Roel xa se adiantou e o venres tiña moitas sorpresas para nós. 

Se queres  aprender máis sobre o Día das Bibliotecas, fai un clic sobre a primeira imaxe.

 

 

INFORMACIÓN NOVO CURSO E-Dixgal

Aquí podedes acceder ao folleto informativo de E-Dixgal para o curso 2021-2022 e a unha serie de vídeos ilustrativos de como funciona unha aula virtual E-Dixgal. Para entrar, premede no seguinte enlace:

 

ENLACE Á INFORMACIÓN E-Dixgal

Calendario

O 9 DE SETEMBRO ESTAMOS DE VOLTA NAS AULAS!

PINCHA NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS SE QUERES VER TODO O CURSO ESCOLAR 2021-22

 

 

30. Entradas e saídas  

ENTRADA PRINCIPAL (Infantil, 5º e 6º de Educación Primaria) 

ENTRADA PORTALÓN ( 1º,2º,3º,e 4º de EP) 

Alumnado de 5º e 6º EP entran pola entrada principal ás 8:55 cun intervalo de tempo para que non haxa aglomeracións (5º e 6º pola porta da esquerda). 

Alumnado de 5º e 6º de EI entran pola entrada principal ás 9:05 cun intervalo de tempo para que non haxa aglomeracións . ( 6º e 5º pola da esquerda) 

Alumnado de 4º de EI entra pola porta da entrada (a da esquerda) ás 9:15 cun intervalo de tempo para que non haxa aglomeracións 

 

Alumnado de 2º e 4º EP entran polo portalón  ás 8:55 cun intervalo de tempo para que non haxa aglomeracións (2º pola porta da dereita e 4º pola da esquerda). 

 

Alumnado de 1º e 3º de EP entran polo portalón ás 9:05 . cun intervalo de tempo para que non haxa aglomeracións ( 3º pola porta da esquerda e 1º pola da dereita) 

 As saídas serán da seguinte maneira: 

PORTA PRINCIPAL (EI, 5º e 6º EP.) 

PORTALÓN (1º, 2º, 3º, 4º DE EP) 

O alumnado de EI sairá ás 13:50 da seguinte maneira:  

  • Porta do medio: 4 anos 

O resto de EI saíra ás 13:55 da seguinte maneira:  

  • Porta da esquerda: 3 anos 

  • Porta da dereita: 5 anos 

 

  • O alumnado de 5º e 6º  ás 14h. pola mesma porta que entrou. 

Alumnado de 2º e 4º EP saen polo portalón  ás 13:50 (polas mesmas portas que na entrada). 

Alumnado de 1º e 3º de EP saen polo portalón ás 14h. ( polas mesmas portas que na entrada) 

 

Agradecemento

Moitas grazas á nosa amiga invisible polo agasallo e o recoñecemento ao persoal do centro. Hai que recoñer que o traballo e o esforzo é de toda a comunidade educativa. Bo verán.

Distribuir contido


by Dr. Radut