Axudas libros 2015/2016

Novo prazo de solicitude de axudas para adquisición de material escolar

Ven de publicarse a Orde do 06 de novembro (DOG 10 de novembro) que abre un novo prazo para aqueles pais/nais que non solicitaron as axudas para a adquisición de material escolar no curso 2015-16. Os requisitos para a solicitude son os mesmos da anterior convocatoria (ter unha renda per capita inferior a 5.400 €, que o alumno esté matriculado no centro e non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario). Todos aqueles interesados/as poden pasar pola Secretaría do centro ou ben consultar a páxina web do Centro ou da Consellería. Aqueles solicitantes aos que xa lles foi concedida a axuda non poden volver a solicitar á mesma. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación da Orde.

                                                                                     O Equipo Directivo

No documento adxunto teñen a súa disposición toda a información.

RECOLLIDA VALES AXUDA DE MATERIAL 2015

AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015-2016

Teñen a súa disposición nos seguintes adxuntos a orde que regula as axudas para a adquisición de material escolar curso 2015/2016 así como a circular explicativa da documentación a presentar.

RECOLLIDA LIBROS DE TEXTO 3º EP DO FONDO SOLIDARIO

Infórmase ás familias que a entrega dos libros de 3º EP do fondo solidario será o vindeiro luns 7 de setembro de 10:00 ás 12:00 na secretaría do centro.

Recoméndaselle ás familias dos alumnos/as solicitantes  que non merquen ningún libro ata a entrega do fondo solidario

Listaxe definitiva Fondo Solidario de libros 3º Educación Primaria

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/2016

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

- PODERÁN PRESENTAR ALEGACIÓNS ÁS LISTAXES  OS DÍAS 8-9 DE XULLO, ANTE A DIRECCIÓN DO CENTRO.

- AS LISTAXES DEFINITIVAS PUBLICARANSE O 15 DE XULLO.

- OS LIBROS DO FONDO SERÁN ENTREGADOS EN SETEMBRO.

HORARIO SECRETARIA XUÑO/XULLO

AXUDAS DE LIBROS TEXTO E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

As familias que soliciten as axudas de libros  deben presentar por cada alumno/a a seguinte documentación:

Impreso de solicitude (anexo I) e unha fotocopia da primeira folla.

Fotocopia do DNI ou NIE ( só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade)

Libro de  familia e fotocopia de todas as follas cubertas.

No caso de que non teña libro de familia ou se a situación familiar, a 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro terá que presentar a documentación que acredite o número de membros da unidade familiar.Orixinal e copia para a súa compulsa.

No caso de discapacidade deberá presentar documentación que  acredite esta circunstancia  a 31 de decembro de 2013.Orixinal e copia para a súa compulsa.

 

Distribuir contido