Actividades

BRINCADEIRAS 2019

 

ENREGUÉIFATE

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participaron na III edición do certamen de regueifas en vídeos organizado por ENREGUÉIFATE coa colaboración do concello de Santiago, o concello de Teo e o concello de Ames.

A continuación, nos arquivos adxuntos deixámosvos os vídeos cos que participaron (pinchade en cada arquivo adxunto para poder ver cada vídeo).

Animádesvos a regueifar con eles?

 

21 de marzo DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo conmemoramos o día da poesía e este curso decidimos traballar distintos tipos de poesía.
 
En educación infantil realizamos varios caligramas relacionados coa primavera. O caligrama é un tipo de poesía para mirar e contemplar ademais de ler. Nos caligramas, o poeta debuxa un obxecto relacionado co tema principal do poema.
 
En 1º e 2º de educación primaria realizamos uns acrósticos, que son unhas composicións poéticas nas que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso, lidas en sentido vertical, forman un vocablo ou locución.
 
En 3º, 4ºA e 4º B de educación primaria fixemos os poemas limerick, unha forma poética moi coñecida no mundo anglosaxón. Está formada comunmente por cinco versos de tipo anapesto, cun esquema de rima estrito: AABBA. O limerick ten xeralmente intención humorística. Os dous primeiros versos riman co último, así como o terceiro co cuarto, e estes dous polo xeral son mais curtos.
 
E en 5º e 6º de educación primaria traballamos os poemas diamante. Os poemas diamante son poemas de 7 versos asoantes en forma de diamante. O primeiro verso consiste dun sustantivo; o segundo de dous adxectivos que describan ao sustantivo; o terceiro, de tres verbos; o cuarto de catro sustantivos (os dous últimos deben ter un significado oposto aos dous primeiros); o quinto de tres verbos que reflictan o cambio no suxeito do poema; o sexto, de dous adxectivos que continúen a idea do cambio; e o sétimo dun sustantivo que sexa oposto ao primeiro sustantivo.
 
Aquí tedes a mostra do traballo completo.
 
 
Ademais, hoxe, na hora de ler, fixemos a lectura destes poemas no patio do colexio. Esperamos que vos gusten.
 

Moitas grazas a todos e todas polo voso esforzo.

Invitámosvos a visitar o blog da biblioteca para ver máis.

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos unha data moi importante, O DÍA DA MULLER.

 

Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días con distintas mulleres importantes da cultura galega investigando todo sobre elas, facendo fincapé, acorde ao proxecto de centro, na revolución e en qué foron revolucionarias.

 

O equipo de biblioteca en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega prepararon a montaxe deste vídeo coa canción de "Matriarcas" de Guadi Galego, representada polo alumnado de 6º de Educación Primaria. 

Esperamos que o desfrutedes.
 

LIBRE O MEU PENSAMENTO...24 de Febreiro "Día de Rosalía"

   Achegámonos ao 24 de Febreiro, día en que se conmemora a figura dunha das escritoras máis importantes da cultura galega....ROSALÍA DE CASTRO

 

   Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días sobre varias estrofas reivindicativas de dita escritora. Con elas Rosalía tentaba denunciar as distintas inxustizas socias vividas na sociedade. 

 

    Dende o EDLG deixámosvos algunhas mostras do traballo realizado por cada un dos ciclos, indicando ademais o verso que reflexa cada unha das inxustizas, que como poden ver, aparece reflexado nas chapas e nas diferentes pancartas.

   

   Antes diso premede no archivo adxunto para ver aos mais cativos/as recitando os seus versos, esperamos que vos guste:

 

 

   O que se engade a continuación, son as diferentes imaxes dos alumnos coas súas chapas e as pancartas:

 

  

Educación Infantil: "Cantares Gallegos"...Emigración

                 "¡Deixo a casa onde nacín...!

 

1º ciclo Educación Primaria

 

1º ciclo de Educación Primaria: "Cantares Gallegos"...Abuso Laboral, Emigración

                 "Trataide ben ós galegos"

 

 

2º ciclo de Educación Primaria: "Follas Novas"...Inxustiza social

                 "Tirá...que cando caiades,

                  hanvos de face-lo mesmo"

 

  

3º ciclo de Educación Primaria: "Follas novas"...Violencia de xénero

                 "Quedei deshonrada, mucháronme a vida"

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ... BAILANDO !!!

Dende o CEIP Plurilingüe A Cristina, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e que mellor maneira de facelo que cantando e bailando esta canción de Mamá Cabra titulada "Baile da Paz".

 

Facede clic na imaxe para desfrutar do noso traballo.

 

Esperamos que vos guste Sorriso

 

 

 

 

 

Moitas grazas a todos/as !!!

Carta aos "Reis Magos"

   Achegámonos a unha das datas máis esperadas por moitos nenos e nenas, "O NADAL", por iso non podemos marchar sen antes recibir aos REIS MAGOS no noso colexio. A visita será este venres 21 de decembro.

   Dende o EDLG elaborouse unha carta adaptada a cada un dos niveis para que nesta visita poidan entregar as súas petidicións ás súas maxestades.

   Deixámosvos a carta que cubriron os nosos alumn@s de Educación Infantil!

 


OS NOSOS CONTOS DO SAMAÍN

   Tras coñecer cada un dos seres mitolóxicos galegos seleccionados para a celebración do Samaín, os alumnos e alumnas dos distintos cursos elaboraron o seu propio conto. Todos os contos foros expostos nos corredores do centro.

    A continuación deixámosvos uns vídeos nos que os nosos alumnos e alumnas relatan o seu conto elaborado xunto co resto de compañeiros e compañeiras.

 

Conto Samaín sobre o "Gatipedro"   --- Alumnos/as de Infantil

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

Conto Samaín sobre a "Tía Xuana"   --- Alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

 

Conto Samaín sobre a "A Bruxa dos dentes verdes"   --- Alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

Conto Samaín sobre a "Estadea"   --- Alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

LIM SAMAÍN 2018

   Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) elaborouse esta actividade LIM para profundar un pouco máis sobre os distintos seres mitolóxicos galegos que estivemos traballando estes días.

   Esperamos que disfrutedes moito.

   Feliz Samaín a todos e todas!!!

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2018

     Como ben sabedes atopámonos no outono, estación na cal se celebran dúas festas destacadas como son o Samaín e o Magosto. Polo tanto, dende o CEIP A Cristina, e continuando coa tradición de todos os anos celebraremos as mesmas o mércores 31 de outubro.

  

   A continuación, dende o EDLG deixámosvos os dípticos de ambas festividades, para achegarvos un pouco máis á nosa cultura galega.

 

     Grazas de anteman a todos e todas por participa!!
 
 

BRINCADEIRAS 2018

Este curso seguimos coas nosas BRINCADEIRAS para aprender xuntos cantarelas da nosa cultura. A temática escollida este ano é: "Os fenómenos atmosféricos".

Esperamos que vos gusten e aprendades moito... pero sobre todo que as recitedes.

VISITA DE LUPE BLANCO

Hoxe, neste día tan señalado que é o 8 de marzo, tivemos a sorte de recibir a visita de Lupe Blanco que compartiu con nós a súa sabedoría sobre a a arte de REGUEIFAR. 

Encantounos poder practicar con ela. Foi moi emocionante!!! Deixámosvos aqui unha foto do seu paso polo noso centro.

Hoxe veu Lupe Blanco

regueifar á Cristina

dende aquí dámoslle as grazas

e que volva moi axiña.

Lalala laralalalala ....

 

 

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo celébrase o día da muller traballadiora e para conmemorar este día O Equipo TICs do noso centro eleborou estes LIMs. Agardamos que sexan do voso interese.

E recordade: TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO!!!!!!!!