Admisión curso 2022-2023
Dende hoxe, xa están colgadas no taboleiro do centro as listaxes DEFINITIVAS do alumnado admitido para o curso 2022-2023. O seguinte paso é a formalización da matrícula do 20 ao 30 de XUÑO (en horario de secretaría). Para que teñades unha idea, aquí vos deixamos a documentación que teredes que presentar. Para formalizar a matrícula deberase presentar a seguinte documentación: - Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado (ANEXO III-1). Este impreso pódese recoller no centro nas datas de matriculación (ou descargar de arquivos adxuntos). - Enquisa sociolingüística cuberta. Este impreso pódese descargar nos arquivos adxuntos ou recoller no centro. - Fotocopia da tarxeta sanitaria. (orixinal e copia) - Fotocopia do calendario de vacinación. (orixinal e copia) - Dúas fotografías tamaño carné. - Informe médico no caso de enfermidades ou alerxias que se deban coñecer. - O alumnado procedente doutro centro escolar deberá traer unha certiificación académica ou a copia do boletín da avaliación final deste curso (2021-2022). -No caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial. (orixinal e copia) |
|||
Hoxe, LUNS 25 DE ABRIL, a dirección do centro publicou as listaxes de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2022-23. Pódense consultar físicamente no taboleiro situado na entrada principal do colexio. A modo de resumo indicar que houbo que baremar en 4º de E.I xa que o número de solicitudes foi superior o de prazas ofertadas. Pola contra nos curso de 5º E.I, 2º e 3º de E.P as solicitudes recibidas están admitidas. |
|||
Tal e como establece a lexislación vixente, unha vez recibidas todas as solicitudes de admisión de alumnado e debido a que o número de solicitudes foi superior ao número de postos ofertados, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, entre o 24 de marzo e o 6 de abril (ambos incluídos), para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.
O horario de secretaría para traer a documentación será: LUNS: 09:05 - 09:55 horas MARTES: 10:45 - 11:30 horas MÉRCORES: 12:30 - 14:05 horas XOVES: 13:15 - 14:05 horas VENRES: 12:30 - 13:15 horas |
|||
PRAZO DE PRESENTACIÓN das solicitudes: Do 1 ao 21 de marzo de 2022 (ambos incluídos) en sede electrónica ou de xeito presencial no centro escolar.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Cumprimentarse de forma manual recollendo o anexo II no centro educativo (Tamén se pode descargar nos arquivos adxuntos e cumprimentalo de xeito manual na casa para posteriormente entregalo no centro.) - Cubrilo dende a seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ - Desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B
Se se denega a consulta por parte da administración dos datos alegados, deberase traer documentación xustificativa dos mesmos e fotocopias (incluído o DNI).
HORARIO DE SECRETARÍA do 3 ao 21 de marzo: LUNS: 09:05 - 09:55 horas MARTES: 10:45 - 11:30 horas MÉRCORES: 12:30 - 14:05 horas XOVES: 13:15 - 14:05 horas VENRES: 12:30 - 13:15 horas (No caso de ter impedimentos para acudir ao centro neste horario, prégase que se poñan en contacto con nós para buscar unha solución.) Toda a documentación e normativa deste procedemento pode consultarse nos arquivos adxuntos (ao final deste texto), así como nos taboleiros do centro.
CALENDARIO DE DATAS o Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Sorteo celebrado o mércores 23 de febreiro, ás 10h. Conforme ao resultado do sorteo, as letras e prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras V e U; así mesmo, afectan ao segundo apelido, as letras A e Z. o Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo. o Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 21 de marzo. Poderán acudir ao centro a solicitar un formulario ou facerse vía telemática. o Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. o Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril. o Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio. o Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
As familias poderán consultar o estado da tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisiónalumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante. A notificación electrónica ás familias a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia NOtific@ realizarase sempre que se elixira esta modalidade como medio de comunicación. O Equipo Directivo
|
|||
