Semana do 20 ao 24 de abril

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios na vindeira semana (do 20 ao 24 abril).

Recordade que as actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

O pasado venres 17 de abril, a Consellería publicou: Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente) (Podedes acceder a toda a publicación pinchando no texto)

Seguimos á espera da publicación da normativa estatal, aínda así as orientacións indican, entre outras cousas, o seguinte:

- Durante o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua e suscitar o seu interese por aprender,...

- Os centros e o profesorado revisarán as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área, materia ou módulo, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas.

-A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o vindeiro curso.

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.

 

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico: , o teléfono 881880400 e a aplicación abalarMóbil (comunicación directa co/a titor/a).

Ademais esta semana as mestras e mestres do centro participamos na elaboración do seguinte vídeo para darvos moito ánimo e forza!!!

Fixémolo con moito cariño e esperamos de corazón que vos guste!

  

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Distribuir contido