Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Tal e como se establece nas instrucións do 13 de marzo de 2020 no seu artigo 3.3, nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios na vindeira semana ao prolongarse o estado de alarma ata o día 11 de abril. As actividades propostas non terán carácter de avaliables.

As actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico: , o teléfono 881880400 e a aplicación abalarMóbil (comunicación directa co/a titor/a).

Agardamos que todos e todas esteades ben e aproveitamos para mandarvos moito ánimo e moita forza .

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Ademais das propostas de actividades que atoparedes nos documentos adxuntos, tamén queremos informarvos da posiblidade de descargar unha aplicación gratuita da editorial Santillana chamada Pupitre  para que os nenos e nenas aprendan xogando.

Distribuir contido