ADMISIÓN 2019 - 2020

HORARIO SECRETARÍA ATA O VENRES 28 DE XUÑO

HORARIO DE SECRETARÍA DENDE O XOVES 20 DE XUÑO ATA O VENRES 28 DE XUÑO

XOVES 20: 13:15 -14:05 horas

VENRES 21: 9:00 - 10:00

LUNS 24 e MARTES 25 DE XUÑO: FESTIVOS LOCAIS

MÉRCORES 26: 12:00 - 13:00

XOVES 27: 9:00 - 10:00

VENRES 28: 11:00 - 12:00

ADXUDICACIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2019-2020

O día 12 de xuño de 2019 tivo lugar a reunión da Comisión de Escolarización de Carballo na que se procedeu á adxudicación subsidiaria de postos escolares a aqueles solicitantes que non obtiveron praza no centro no que presentaron a súa solicitude. Despois de dita adxudicación subsidiaria, a Comisión procedeu a asignar posto escolar ás solicitudes presentadas fóra de prazo ata esa data.

Nos documentos adxuntos podedes consultar toda a información.

MATRÍCULA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN PARA O CURSO 2019-2020

O proceso de matriculación do novo alumnado para o curso 2019-2020 terá lugar entre os días 20 e 30 de xuño, ambos os dous incluídos.

Para formalizar a matrícula deberán presentar a seguinte documentación:

  •  Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado (ANEXO III-1) e fotocopia. Este impreso pódese descargar nos arquivos adxuntos ou recoller no centro.
  • Enquisa sociolingüística. Este impreso pódese descargar nos arquivos adxuntos ou recoller no centro.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do calendario de vacinación.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Certificado médico (informe do pediatra: alerxias, enfermidade,...).

O Equipo Directivo

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2019/2020

As listaxes do alumnado admitido e non admitido que aparecen nos documentos adxuntos no final deste texto son DEFINITIVAS. As listaxes tamén están expostas nos taboleiros do centro.

Contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación,tal é como se establece no artigo 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013.

 

Os alumnos/as admitidos deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño. De non facelo implicará a perda da praza.

 

O Equipo directivo

LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2019/2020

As listaxes do alumnado admitido e non admitido, que aparecen nos documentos adxuntos no final deste texto, son PROVISIONAIS  e poderán ser obxecto de reclamación, e polo tanto poderán variar ata que non remate o procedemento de admisión. As listaxes tamén están expostas nos taboleiros do centro.

Ábrese un prazo de reclamación de cinco días hábiles a partir do día seguinte á publicación das listaxes para que os solicitantes poidan presentar as súas  alegacións.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: dende o XOVES 25 DE ABRIL ata o XOVES 2 DE MAIO, ambos os dous incluídos.

Horario de secretaría do 25 de abril ao 2 de maio:

LUNS: 9:05 - 9:55 horas

MARTES: 9:05 - 9:55 horas

MÉRCORES: 9:05- 9:55 e 13:15 - 14:05 horas

XOVES: 13:15 - 14:05 horas

VENRES: 12:05- 13:15 horas

 

 

As listaxes definitivas de admitidos e non admitidos publicaranse antes do 15 de maio.

 

O Equipo Directivo

INFORMACIÓN ADMISIÓN CURSO 2019-2020

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para 4º de educación infantil para o vindeiro curso 2019-2020, informamos de que o número de solicitudes presentadas é superior ao de prazas ofertadas.

 

Polo que se abre un prazo dende o luns 25 de marzo ata o venres 5 de abril (10 días hábiles) para a presentación por parte das familias que presentaron as solicitudes de admisión para 4º de educación infantil da seguinte documentación acreditativa en función dos criterios que foron alegados no baremo.Só se poderá xustificar os datos alegados na solicitude para realizar a baremación. A falta de presentación da documentación en tempo para acreditar o criterio ou criterios alegados impedirá valoralos. Deberase presentar a documentación orixinal e unha copia.

 

ACREDITACIÓN DO DOMICILIO FAMILIAR NA ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO OU NA ÁREA LIMÍTROFE

• Certificado do padrón municipal expedido no ano actual (antigüidade no padrón mínima dun ano)

Se non coincidise o domicilio familiar co fiscal, deberá presentar a documentación complementaria seguinte:

• Copia autenticada do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar.

• Contrato de alta de recibos actualizados de subministracións (auga, luz, gas) a nome da persoa solicitante na vivenda declarada como domicilio familiar

 

ACREDITACIÓN DO LUGAR DE TRABALLO DA NAI, PAI OU TITOR/A LEGAL NA ÁREA DE INFLUENCIA OU NA ÁREA LIMÍTROFE

Para traballadores/as por conta allea: Documento expedido para o efecto pola persoa ou entidade para a que traballa, xunto cunha copia do contrato de traballo.

Para traballadores/as por conta propia: Alta no censo inicial ante a Axencia Estatal Tributaria, con todas as modificacións posteriores e as altas na Tesouraría Xeral no Réxime de Seguridade Social.

Para persoal ao servizo das administracións públicas: Certificado da Xefatura de Persoal correspondente.

 

ACREDITACIÓN DA RENDA ANUAL DA UNIDADE FAMILIAR

• No caso en que a Axencia Estatal de Administración Tributaria non dispoña dos datos tributarios das persoas integrantes da unidade familiar, estas deberán achegar unha certificación de haberes, ou calquera outro documento de cada unha delas que permita aplicar o baremo.

 

ACREDITACIÓN DA CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL 

• Presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

 

A documentación entregarase na secretaría do centro no seguinte horario:

LUNS: 9:05 - 9:55 horas

MARTES: 9:05 - 9:55 horas

MÉRCORES: 9:05- 9:55 e 13:15 - 14:05 horas

XOVES: 13:15 - 14:05 horas

VENRES: 12:05- 13:15 horas

 

PUBLICARANSE AS LISTAS PROVISIONAIS (admitidos e non admitidos) ANTES DO 25 DE ABRIL.

O Equipo Directivo

PROCEDEMENTO ADMISIÓN 2019-2020

PRAZO: 1 ao 20 de marzo de 2019 (ata as 14:00 horas)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II (ED550B), debidamente cumprimentado. Poderase cubrir e xestionar dos seguintes xeitos:

         - Cumprimentarse de forma manual recollendo o Anexo II no centro educativo.

         - Cubrilo online dende a seguinte ligazón: ANEXO II

         - Desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

         - Desde a aplicación:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • DOCUMENTO ACREDITATIVO DO REQUISITO DE IDADE DO/A ALUMNO/A ( libro de familia e fotocopia do mesmo)
  • SÓ en caso de cambio de centro:Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, SE É O CASO.

Se se denega a consulta por parte da administración dos datos alegados, deberase traer documentación xustificativa dos datos alegados e fotocopias (incluído o DNI).

HORARIO DE SECRETARÍA do 1 ao 20 de marzo:

O venres 1 de marzo haberá horario especial de 13:05 a 14:05 (por motivo da celebración do Entroido)

LUNS: 9:05 - 9:55 horas

MARTES: 9:05 - 9:55 horas

MÉRCORES: 9:05- 9:55 e 13:15 - 14:05 horas

XOVES: 13:15 - 14:05 horas

VENRES: 9:05 - 9:55 e 12:05- 13:15 horas

 

Toda a documentación e normativa a este procedemento pode consultarse nos arquivos adxuntos, así como nos taboleiros do centro.

As familias poderán consultar o estado da tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisiónalumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

A notificación electrónica ás familias a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia NOtific@ realizarase sempre que se elixira esta modalidade como medio de comunicación.

O Equipo Directivo

Distribuir contido