INFORMACIÓN ADMISIÓN CURSO 2019-2020

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para 4º de educación infantil para o vindeiro curso 2019-2020, informamos de que o número de solicitudes presentadas é superior ao de prazas ofertadas.

 

Polo que se abre un prazo dende o luns 25 de marzo ata o venres 5 de abril (10 días hábiles) para a presentación por parte das familias que presentaron as solicitudes de admisión para 4º de educación infantil da seguinte documentación acreditativa en función dos criterios que foron alegados no baremo.Só se poderá xustificar os datos alegados na solicitude para realizar a baremación. A falta de presentación da documentación en tempo para acreditar o criterio ou criterios alegados impedirá valoralos. Deberase presentar a documentación orixinal e unha copia.

 

ACREDITACIÓN DO DOMICILIO FAMILIAR NA ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO OU NA ÁREA LIMÍTROFE

• Certificado do padrón municipal expedido no ano actual (antigüidade no padrón mínima dun ano)

Se non coincidise o domicilio familiar co fiscal, deberá presentar a documentación complementaria seguinte:

• Copia autenticada do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar.

• Contrato de alta de recibos actualizados de subministracións (auga, luz, gas) a nome da persoa solicitante na vivenda declarada como domicilio familiar

 

ACREDITACIÓN DO LUGAR DE TRABALLO DA NAI, PAI OU TITOR/A LEGAL NA ÁREA DE INFLUENCIA OU NA ÁREA LIMÍTROFE

Para traballadores/as por conta allea: Documento expedido para o efecto pola persoa ou entidade para a que traballa, xunto cunha copia do contrato de traballo.

Para traballadores/as por conta propia: Alta no censo inicial ante a Axencia Estatal Tributaria, con todas as modificacións posteriores e as altas na Tesouraría Xeral no Réxime de Seguridade Social.

Para persoal ao servizo das administracións públicas: Certificado da Xefatura de Persoal correspondente.

 

ACREDITACIÓN DA RENDA ANUAL DA UNIDADE FAMILIAR

• No caso en que a Axencia Estatal de Administración Tributaria non dispoña dos datos tributarios das persoas integrantes da unidade familiar, estas deberán achegar unha certificación de haberes, ou calquera outro documento de cada unha delas que permita aplicar o baremo.

 

ACREDITACIÓN DA CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL 

• Presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

 

A documentación entregarase na secretaría do centro no seguinte horario:

LUNS: 9:05 - 9:55 horas

MARTES: 9:05 - 9:55 horas

MÉRCORES: 9:05- 9:55 e 13:15 - 14:05 horas

XOVES: 13:15 - 14:05 horas

VENRES: 12:05- 13:15 horas

 

PUBLICARANSE AS LISTAS PROVISIONAIS (admitidos e non admitidos) ANTES DO 25 DE ABRIL.

O Equipo Directivo