PDC. RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE HÁBITOS SAUDABLES E ACTIVIDADE FÍSICA DO ALUMNADO DO CEIP A CRISTINA

 
 
Dentro do PDC (Proxecto deportivo de centro)- Centros activos e saudables, un dos obxectivos que nos marcamos este curso, foi o de realizar unha enquisa ao alumnado sobre os seus hábitos saudables e a actividade física que realizan.
 
Foi completada por 186 alumnos/as (98 nenos e 88 nenas), con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
 
No seguinte enlace podedes ver os  resultados obtidos nesta enquisa, achegando diversas táboas de datos e gráficas variadas que axilizan a súa presentación e permiten observar o comportamento do alumnado respecto das diferentes variables que se analizaron.
 
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!