II CARREIRA POLA LINGUA

 

Este curso quixemos volver a celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS organizando a nosa 2º Carreira pola Lingua. Ao igual que o ano pasado, foi unha xornada festiva na que celebramos o orgullo de ter un idioma propio O GALEGO.

Os distintos grupos formados polos nenos e nenas do colexio realizaron carreiras nas que debían recoller unha peza de cada vez para despois organizalas entre os membros do grupo. En Educación infantil tiñan que realizar un crebacabezas da autora homenaxeada Mª Victoria Moreno; en 1º, 2º, 3º e 4º debían organizar un texto  dos libros "Eu conto, ti cantas..." e " A festa no faiado"; e os alumnas e alumnos de 5º e 6º tiveron que organizar a biografía da autora.

Dende aquí queremos dar as grazas a todos os alumnos, alumnas, mestres e mestras que participaron con tanta ilusión na "Carreira pola lingua".

Compartimos con vós o vídeo desta xornada ben fermosa.  A música escollida este ano é "Queremos galego" do Obradoiro de músicasbarxas. Esta canción é un Proxecto do Departamento de música do IES As Barxas Moaña (Pontevedra).Aquí tedes o enlace ao vídeo orixinal da canción https://www.youtube.com/watch?v=m4164zp--04 .

Esperamos que vos guste.

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

 

AdxuntoTamaño
II Carreira pola linguamenos.mp4126.93 MB