LETRAS GALEGAS 2017

Durante o mes de maio estivemos aprendendo moito sobre a vida e obra do autor homenaxeado deste ano das Letras Galegas CARLOS CASARES.

En particular centrámonos sobre o seu libro "A Galiña Azul" que é un libro que lle dedicou a unha nena de 2 anos que tivo que marchar para Santander cos seus pais. Escríbelle estes relatos para que non se esqueza de Galicia e do seu idioma : o Galego.

Estes relatos servíronnos para traballar os sentimentos, os valores e as emocións que transmiten: solidariedade, respecto á diversidade, esforzo,... Un libro que se adapta plenamente ao noso proxecto anual: "O mundo que queremos".

Cada aula do centro elaborou o seu mural sobre unha das historias do libro. Este é o fantástico resultado:

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.