1º CARREIRA POLA LINGUA 2017

Este curso quixemos celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS organizando a nosa 1º Carreira pola Lingua. Foi unha xornada festiva na que celebramos o orgullo de ter un idioma propio O GALEGO.

Os distintos grupos formados polos nenos e nenas do colexio realizaron carreiras nas que debían recoller unha peza de cada vez para despois organizalas entre os membros do grupo. En Educación infantil tiñan que realizar un crebacabezas do autor homenaxeado Carlos Casares; en 1º, 2º, 3º e 4º debían organizar un texto  do libro da Galiña Azul (máis concretamente do conto  da "Galiña Azul" e da "Formiga esquiadora"); e os alumnas e alumnos de 5º e 6º tiveron que organizar a biografía do autor.

Compartimos con vós o vídeo de esta xornada ben fermosa.  A música do álbum de Brinca Vai: "En Galego, meu mundo é."Esperamos que vos guste.

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.