AXUDAS DE LIBROS TEXTO E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

As familias que soliciten as axudas de libros  deben presentar por cada alumno/a a seguinte documentación:

Impreso de solicitude (anexo I) e unha fotocopia da primeira folla.

Fotocopia do DNI ou NIE ( só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade)

Libro de  familia e fotocopia de todas as follas cubertas.

No caso de que non teña libro de familia ou se a situación familiar, a 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro terá que presentar a documentación que acredite o número de membros da unidade familiar.Orixinal e copia para a súa compulsa.

No caso de discapacidade deberá presentar documentación que  acredite esta circunstancia  a 31 de decembro de 2013.Orixinal e copia para a súa compulsa.