VISITA DO ESCRITOR XOSE HENRIQUE RIVADULLA CORCÓN

 O vindeiro luns 13 de maio, os alumn@s de 1º e 2º de Primaria, recibirémola visita de Xosé Henrique Rivadulla Corcón. Escritor, guionista e locutor de radio, director de programas de televisión entre outras facetas.



 


Como escritor ten publicado literatura infantil e xuvenil, novela, teatro, poesía e ensaio sobre temas audiovisuais. Sendo a poesía o xénero que el considera como o seu natural.


 


Con el compartiremos unhas sesións nas que falaremos da súa obra“ O sorriso de Claudia”.