BOLSAS DE ESTUDOS E TRANSPORTE DIRIXIDAS AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, CONVOCADAS POLO CONCELLO DE CARBALLO

17/09/2010 17:49
Etc/GMT+1

 

As solicitudes deberán presentarse preferentemente no Rexistro do Pazo da Cultura dende o 20 de Setembro ao 6 de Outubro.

Contémplanse   os seguintes tipos de axudas:

  • 130 bolsas de 95 euros para alumnos/as que cursen  estudos de Educación Infantil.
  • 2000 euros para distribuir en bolsas de transporte.

Poden recoller o impreso na Secretaría do centro no horario de  atención ao público ou na Conserxería.