PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Mascarilla quirúrgica infantil Mask Kids. Caja 50 uds. – Emasa Médical

 

O venres día 12 saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación

secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Poderán presentar as solicitudes dende o luns 15 ata o venres 26 de novembro só o alumnado matriculado no noso centro en EDUCACIÓN PRIMARIA (tal e como establece a Orde).

Todo o alumnado que foi beneficiado da axuda de material escolar neste curso 2021-22 NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, xa que será directamente beneficiario das máscaras sen achegar ningunha documentación a

maiores.

Poderá presentar solicitudes aquel alumnado que non fora beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra con algunha das seguintes condicións:

-Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

-Alumnado matriculado en educación especial.

-Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior a 65%.

Poderase acudir de forma presencial ao centro para presentar a solicitude, concertando cita previa a través do teléfono do centro ou por correo electrónico.

Nos documentos adxuntos poderedes acceder á Orde do procedemento e aos ANEXOS de solicitude.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

AdxuntoTamaño
Instruccións Orde máscaras asinado.pdf299.27 KB
formulario ED330E.pdf1.09 MB