SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Englobada dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade que organiza o concello de Carballo, hoxe arrancou  o bicibús, sendo o noso centro o que inaugurou a experiencia, que consiste en que os nenos e as nenas vaian ao cole en bici.

Esta actividade  desenvolveuna o voluntariado do Club Ciclista Carballo a un Paso, organizando un circuito de seguridade viaria na pista polideportiva,na que participou o alumnado do noso centro ao longo de toda a mañá.

 

 

 

 

 

 

 

 

NOTICIA NA VOZ DE GALICIA- CARBALLO